Saltar navegación

1.2. Na procura de descubrimentos

 

Glosario

Investigación

Pictograma investigación

Definición:

Acción de descubrir ou aclarar algo.

Exemplo:

A investigación sobre as sociedades precolombianas continúa na actualidade.

Conquista

Pictograma conquista

Definición:

Adquirir un territorio por medio das armas.

Exemplo:

A conquista de América foi un proceso longo.

Explotar

Pictograma ouro

Definición:

Obter proveito dunha determinada cousa.

Exemplo:

Durante a conquista de América levouse a cabo unha profunda explotación dos seus recursos naturais.

A polo reto!

Pictograma investigarVas a facer unha investigación para elaborar unha serie de produtos que che axuden a ter unha idea clara de que foi "o descubrimento", do papel que xugou a Monarquía Hispánica dos Reis Católicos e dos aspectos negativos e positivos da colonización das novas terras americanas.  Ademais, desenvolverás a túa capacidade de presentar dunha forma clara e coherente os argumentos para defender ou criticar a conquista de América. 

Lectura facilitada

Vas facer unha investigación para elaborar unha serie de produtos para:

  • Que che axuden a ter unha idea clara de que foi "o descubrimento".
  • Coñecer o papel que xogou a Monarquía Hispánica dos Reis Católicos.
  • Coñecer aspectos negativos e positivos da colonización das novas terras americanas. 

Desenvolverás a túa capacidade de presentar dunha forma clara e coherente

os argumentos para defender ou criticar a conquista de América. 

Comezamos!

Individualmente ou por equipos, terás que levar a cabo os seguintes retos:

Reto 1: “Inocentes ou culpables”

Pictograma xuízo

En grupos, planificarás a celebración dun xuízo na aula, onde o alumnado representará diferentes papeis (avogado, xuíz, testigos, xurado…) para xulgar como foi o descubrimento e se as súas consecuencias foron negativas ou positivas para os pobos precolombianos. 


 
 
 

Reto 2: “Diario da conquista: relatos de dous mundos”

Pictograma escribir

Neste reto terás que traballar en grupos de 3-4 persoas para crear un diario ficticio no que simularedes ser un ou unha personaxe que viviu en primeira man a conquista de América (unha persoa exploradora, misioneira, indíxena, colona galega…). Terás que crear 5 entradas (de entre 8 e 10 liñas cada unha), onde poñades en práctica o aprendido (formas de organización política, explotación económica, sistema de encomendas/mita, organización social).


 

Reto 3:  “As voces da Historia: unha reflexión crítica sobre a cuestión colonial”

Pictograma pensar

Neste reto, o obxectivo é realizar unha reflexión crítica persoal sobre o impacto da cuestión colonial na Historia e na actualidade. Terás que analizar, de forma individual ou en parellas, unha selección de textos con diferentes posturas e de diferentes épocas históricas sobre a cuestión colonial (dende Bartolomé de las Casas a Eduardo Galeano), poñendo en práctica todo o aprendido no recurso que vas comezar.


 

Cal é a meta do teu obxectivo?

Pictograma metaUnha vez que superes o reto, poderás:

  1. Buscar información relevante sobre calquera período histórico.
  2. Analizar e sintetizar a información importante.
  3. Elaborar textos argumentativos sobre diferentes cuestións.
  4. Expresar as propias ideas e reflexións a través de diferentes ferramentas.
  5. Facer críticas sobre calquera proceso histórico.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)