Saltar navegación

1. Un problema antigo pero actual

 

Glosario

Colonización

Pictograma de colonización

Definición:

Ocupación ou dominio dun territorio por parte dun país ou imperio con fins económicos, estratéxicos, políticos, relixiosos ou doutro tipo.

Exemplo:

Cristovo Colón iniciou a colonización do continente americano.

Monarquía

Pictograma de monarquía

Definición:

Forma de organización dun estado no que o poder recae sobre unha persoa co título de raíña ou rei.

Exemplo:

A monarquía hispánica durante a conquista de América estaba en mans de Isabel de Castela e de Fernando de Aragón.

Precolombiano

Pictograma indíxena

Definición:

Termo referido ás culturas que habitaban o continente americano antes da conquista europea.

Exemplo:

Os pobos precolombianos máis importantes antes da conquista europea eran os aztecas, os maias e os incas.

Unha cuestión preocupante

Na aula, a profe leu unha serie de artigos periodísticos sobre as esixencias a España de que pida  perdón  pola conquista de América. En moitos países derruban estatuas de Cristovo Colón e eliminan ou negan toda pegada dese período da historia. Afirman que supuxo unha explotación económica e humana dos pobos conquistados.

O alumnado deuse conta de que non ten unha opinión formada debido á falta de información sobre que pobos había antes do "descubrimento" de Cristovo Colón e de como foi a posterior conquista. 

A profe ensinou un vídeo sobre o descubrimento e a conquista de América, relacionando a historia dos pobos precolombianos e a colonización co nacemento e consolidación da Monarquía Hispánica.  Na actualidade os intercambios culturais entre as persoas protagonistas da colonización continúan. A profe comentou que se debe analizar o descubrimento de América e como mudou a vida dos pobos conquistados. 

O coñecemento desta parte da historia axudará a entender os aspectos negativos e positivos da conquista e  a configuración actual do continente sudamericano e de España, ademais de contribuír a conseguir determinadas metas dos ODS 2030,  -Saúde e benestar (obxectivo 3)-, -Educación de calidade (obxectivo 4)-, -Igualdade de xénero (obxectivo 5), -Redución das desigualdades (obxectivo 10)-, -Paz, xustiza e institucións sólidas (obxectivo 16).

Xa tes algo de información sobre o tema que vai ser obxecto de discusión e do que terás que elaborar unha serie de materiais para reflexionar sobre o mesmo dende diferentes puntos de vista. 

Lectura facilitada

A profe leu unha serie de artigos periodísticos sobre as exixencias a España de que pida perdón pola conquista de América.

En moitos países derruban estatuas de Cristovo Colón e eliminan ou negan toda pegada dese período da historia.

Afirman que supuxo unha explotación económica e humana dos pobos conquistados.

O alumnado non ten unha opinión formada pola falta de información sobre o descubrimento e da posterior conquista.

A profe puxo un vídeo sobre o descubrimento e a conquista de América.

Relaciónanse a historia dos pobos precolombianos e a colonización co nacemento e consolidación da Monarquía Hispánica.

Os intercambios culturais entre as persoas protagonistas da colonización continúan na actualidade.

É importante analizar o descubrimento e como mudou a vida dos pobos conquistados.

O coñecemento desta parte da historia axuda a:

  • Entender os aspectos negativos e positivos da conquista.
  • Entender a configuración actual do continente americano e de España.
  • Conseguir determinadas metas dos ODS:
    • Saúde e benestar.
    • Educación de calidade.
    • Igualdade de xénero.
    • Redución de desigualdades.
    • Paz, xustiza e institucións sólidas.

Tes información sobre o tema que vai ser obxecto de discusión.

Terás que elaborar materiais e reflexionar sobre o tema.

Que aprenderás a facer nesta unidade?

  1. Coñecer a riqueza cultural dos diferentes pobos precolombianos.
  2. Coñecer o nacemento e desenvolvemento da Monarquía Hispánica.
  3. Identificar as diferentes etapas da colonización do Novo Mundo. 
  4. Descubrir a importancia da mestura de diferentes culturas.
  5. Identificar os aspectos negativos e positivos da colonización.
  6. Analizar o papel  da muller nos pobos precolombianos e na Monarquía Hispánica.

Lectura facilitada

Que aprenderás nesta unidade?:

  • Coñecer a riqueza cultural dos diferentes pobos precolombianos.
  •  Coñecer o nacemento e desenvolvemento da Monarquía Hispánica.
  • Identificar as diferentes etapas da colonización do Novo Mundo.
  • Descubrir a importancia da mestura de diferentes culturas.
  • Identificar os aspectos negativos e positivos da colonización.
  • Analizar o papel  da muller nos pobos precolombianos e na Monarquía Hispánica.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)