Unha historia paralela: os pobos precolombianos e a Monarquía Hispánica
2. Repasando o que sabemos
Glosario
Burguesía
Definición:
Grupo social xurdido na Idade Media e formado por comerciantes, banqueiros e artesáns.
Exemplo:
A familia Medici foi a familia burguesa máis importante de Florencia.
Diplomacia
Definición:
Parte da política que se encarga das relacións internacionais.
Exemplo:
Na diplomacia negócianse os acordos de paz.
Unha época de cambios
Lembra que nesta unidade manexarás información que terás que buscar, sintetizar e expresar para levar a cabo os diversos retos. Cando se analiza un acontecemento histórico hai que ter en conta as causas e as consecuencias.
Neste caso, como xa terás visto anteriormente, o acontecemento histórico que analizas sitúase dentro da Idade Moderna, enmarcada entre o descubrimento de América, en 1492, e a Revolución Francesa, en 1789.
Como antecedentes da Monarquía Hispánica e do descubrimento e conquista de América, podemos destacar:
O aumento da poboación
A principios do século XV, a poboación europea chegou a ser de 90 millóns.
O aumento da poboación implicou o cultivo de novas terras e o aumento da produción agrícola.
Os excedentes agrícolas provocaron o crecemento do comercio de terrestre.
A expansión do comercio marítimo
As innovacións na navegación e os novos descubrimentos favoreceron o auxe do comercio e o crecemento das cidades e portos marítimos.
As viaxes e os intercambios comerciais propiciaron o auxe da banca, que era a encargada de prestar os cartos.
Destacaron as rutas marítimas do Mar do Norte, do Báltico e do Mediterráneo.
O poder da burguesía
Co auxe dos intercambios comerciais a burguesía aumentou o seu poder económico.
O poder económico da burguesía fixo que aumentara o seu poder político.
As grandes persoas burguesas adicábanse ao comercio e á banca.
A consolidación do poder das Monarquías
As raíñas e reis consolidaron os eu poder grazas á:
Creación de exércitos permanentes, que axudaron a someter á nobreza.
Labor dun corpo de persoas funcionarias que facilitaban, por exemplo, a recadación de impostos.
Diplomacia, que establecía relacións con outros reinos.
Lectura facilitada
Nesta unidade manexarás información que terás que:
Buscar.
Sintetizar.
Expresar.
A información axudarache a levar a cabo os retos.
Hai que ter en conta as causas e as consecuencias dun acontecemento histórico.
O acontecemento histórico que analizas sitúase dentro da Idade Moderna.
A Idade Moderna enmárcase entre o descubrimento de América e a Revolución Francesa.
Os antecedentes da Monarquía Hispánica e do descubrimento e conquista de América son:
O aumento da poboación:
A poboación eruropea era de 90 millóns a principios do século XV.
Cultiváronse novas terras e aumentou a produción agrícola.
O comercio terrestre aumentou polos excedentes agrícolas.
A expansión do comercio marítimo:
O comercio, o crecemento das cidades e os portos marítimos aumentaron polas innovacións na navegación e os novos descubrimentos.
A banca medrou polas viaxes e os intercambios comerciais.
A banca prestaba cartos.
As rutas marítimas máis importantes foron as do Mar do Norte, do Báltico e do Mediterráneo.
O poder da burguesía:
O poder económica da burguesía aumentou co auxe dos intercambios comerciais.
A burguesía aumentou o seu poder político.
A alta burguesía adicábase ao comercio e á banca.
A consolidación do poder das monarquías:
As raíñas e reis consolidaron o poder grazas:
Á creación de exércitos permanentes, que someteron á nobreza.
Á labor das persoas funcionarias, que recadaban impostos.
Á Diplomacia, que establecía relacións con outros reinos.
Audio
En grupo, mellor!
Seguramente, sabes moitas cousas sobre os Reis Católicos e o descubrimento e conquista de América grazas a vídeos de youtube, películas, libros, novelas gráficas...
A unión fai a forza, polo que farás unha actividade grupal co resto da clase para saber que coñecementos previos tedes sobre o tema que nos ocupa.
Nesta dinámica tedes que seguir as seguintes indicacións:
Os grupos serán de 5 membros, que nunca traballaran xuntos.
Teredes que facer vós os grupos.
Os grupos deben ser equitativos ou faraos o profesorado.
Os grupos anotarán as ideas de cada membro do grupo sobre os Reis Católicos e o "descubrimento" e conquista de América.
Cada persoa achegará as súas ideas.
Unha vez rematado o traballo grupal, as ideas de cada grupo poranse en común coas do resto da clase.
Lectura facilitada
Sabes moitas cousas sobre os Reis Católicos e o descubrimento e conquista de América grazas a:
Vídeos de youtube.
Películas.
Libros.
Novelas gráficas...
A unión fai a forza.
Farás unha actividade grupal co resto da clase para saber os coñecementos previos do tema.
Seguirás as seguintes indicacións:
Os grupos serán de 5 membros, que nunca traballaran xuntos.
Teredes que facer vos os grupos.
Os grupos deben ser equitativos ou os fará o profesorado.
Os grupos anotarán as ideas de cadas membro do grupo sobre:
Os Reis Católicos.
O descubrimento e conquista de América.
Cada persoa aportará as súas ideas.
As ideas poñeranse en común co resto dos grupos.
Adivina, adiviñanza!
Ante as seguintes afirmacións, responde verdadeiro ou falso segundo corresponda. Sorte!
Retroalimentación
Falso
A idade Moderna comeza co descubrimento de América en 1492.
Retroalimentación
Falso
A burguesía investiu en negocios comerciais o que fixo que aumentara a súa riqueza.
Retroalimentación
Verdadeiro
Para ter máis poder, a monarquía apoiouse nos exércitos permanentes, no funcionariado e na diplomacia.
Retroalimentación
Falso
A principios do século XIV a poboación europea ascendía a 90 millóns de habitantes.
Retroalimentación
Verdadeiro
Neses mares establecéronse rutas marítimas comerciais nos que se vendían diferentes produtos.
Retroalimentación
Verdadeiro
A Revolución Francesa deu comezo á Idade Contemporánea.
Actividades para repasar
Escolle algunha das seguintes actividades para repasar os contidos.
OPCIÓN A: Cada protagonista na súa casilla
Relaciona a cada protagonista co seu grupo correspondente (utiliza a pantalla completa). Sorte!
Nesta sopa de letras terás que localizar os nomes das e dos protagonistas da Monarquía Hispánica, do descubrimento e conquista de América. Moita sorte!!
Agora tes que facer un traballo de investigación e elaborar unha serie de pequenas biografías sobre catro personaxes da actividade anterior, buscando información (en libros, páxinas web, vídeos....) e tendo en conta o seguinte esquema:
Nome do ou da personaxe.
Lugar e data de nacemento e de falecemento.
Orixe familiar.
Por que é importante en relación coa Monarquía Hispánica, co descubrimento ou coa conquista de Amérca.
Curiosidades sobre a súa vida.
Unha vez que busques toda as información, terás que incluila nun poster que elaborarás usando a aplicación de "canva", onde terás que engadir algunha fotografía do ou da personaxe e outras que poidas relacionar con acontecementos da súa vida e importancia histórica.
Diario de aprendizaxe
Unha vez rematadas as actividades, volve ao teu diario de aprendizaxe e realiza as actividades da fase 2.