Saltar navegación

1.1. As razóns dos descubrimentos

Antes de empezar, reflexionamos

Como viches en unidades anteriores, o ser humano sempre tivo a necesidade de lanzarse a descubrir e conquistar outros territorios por diferentes motivos. No teu Diario de aprendizaxe anotarás as túas reflexións e os coñecementos que vaias adquirindo nesta pequena "travesía".

Aquí tes un vídeo de apoio sobre un imperio que invadiu outros territorios por unha razón concreta:

Lectura facilitada

O ser humano sempre tivo a necesidade de lanzarse a descubrir

e conquistar outros territorios por diferentes motivos.

No teu Diario de aprendizaxe anotarás:

  • As túas reflexións.
  • Os coñecementos que vaias adquirindo nesta pequena "travesía".

Tes un vídeo sobre un imperio que invadiu outros territorios por unha razón concreta.

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Chegou o momento de comezar a usar o teu diario de aprendizaxe. Vai a páxina do diario e realiza as actividades correspondentes á fase 1.

É fundamental que o completes, xa que reflexionar é clave para aprender!

Podes acceder á plantilla no apartado Diario de aprendizaxe e descargala.

Lembra:

Consulta co teu profesor ou profesora se debes cubrila en papel ou no computador.
Se a completas no ordenador, non esquezas gardala no teu dispositivo ao rematar.
¡Ánimo, seguro que o farás de marabilla!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)