Que temos que facer?

Crear e representar unha pequena obra de teatro que conte os feitos e as ideas principais do apartado do tema que vos tocou. A escena pode incluír personaxes históricos, situacións reais ou inventadas baseadas en feitos reais, pero sempre con rigor histórico.
Lectura facilitada
Hai que facer unha pequena obra de teatro.
A obra trata sobre o tema que vos tocou.
- Debe incluír:
– Feitos importantes do tema
– Ideas principais - Os personaxes poden ser:
– Personaxes históricos reais
– Personaxes inventados, baseados en feitos reais - A historia pode ser:
– Unha situación real
– Unha situación inventada, pero baseada na realidade - Todo o que se conte debe ser correcto segundo a historia.
