Que temos que facer?

Vós sodes periodistas do presente que conseguiron unha viaxe ao pasado para falar cunha persoa histórica ou ficticia da época que vos tocou traballar. Teredes que preparar unha entrevista na que esa persoa conte o que viviu, que ideas tiña e como eran os cambios que estaba a vivir.
A entrevista pode ser:
- Gravada en vídeo.
- Representada diante da clase.
Lectura facilitada
Sodes xornalistas do presente.
Conseguistes viaxar ao pasado.
Alí falaredes cunha persoa histórica ou ficticia da época que vos tocou traballar.
Debedes preparar unha entrevista.
Nela, a persoa contará:
- O que viviu.
- As ideas que tiña.
- Como foron os cambios que estaba a vivir.
A entrevista pode ser:
- Gravada en vídeo.
- Representada diante da clase.
Recuperar a información histórica do voso tema.