Reflexionando!
Como viches anteriormente, o mundo cambiou grazas aos diversos inventos e descubrimentos que levou ao ser humano a nivel económico, social, científico, xeográfico... No teu diario de aprendizaxe anotarás as túas reflexións e novos coñecementos que vaias adquirindo durante esta pequena "viaxe".
Para que te fagas unha idea de como determinados inventos axudaron ao avance das sociedades humanas, deixámosche un vídeo que fala da importancia que tivo a roda.
Lectura facilitada
O mundo cambiou grazas aos inventos do ser humano.
Os cambios foron a nivel económico, social, científico ou xeográfico.
No teu diario de aprendizaxe anotarás:
- As túas reflexións
- Novos coñecementos
Verás un vídeo de como determinados inventos axudaron no avance das sociedades humanas.
O vídeo trata sobre a invención da roda.
