Como podemos resolver o reto?

Como xa vimos ao comezo, un grupo de terraplanistas viaxou ao pasado e borraron todo o coñecemento sobre o Humanismo, os avances científicos, os cambios na arte, na relixión, nos gobernos… Agora, no noso presente, as teorías que negan a ciencia están a gañar.
Pero hai esperanza: unha persoa dese tempo gardou pequenos fragmentos dese saber e deixounos agochados para que vós os recuperedes.
A clase dividirase en seis grupos, e cada un traballará un dos apartados do tema:
- O espertar do ser humano: Humanismo e desenvolvemento científico.
- Amarás ao próximo!: Reforma e a Contrarreforma.
- Aquí mando eu!: as monarquías e a concentración do poder.
- O Renacemento e a perfección da arte.
- A arte do Barroco: o gran teatro do mundo.
- A caída dun imperio: a crise da Monarquía Hispánica.
Cada grupo recibirá 5 palabras clave en forma de quebracabezas (actividades a continuación) e estas terán que estar presentes no reto final.
O reto final? Cada grupo escollerá unha forma de contar o que descubriu. A continuación, os retos están ordenados de menor a maior dificultade:
- Unha entrevista histórica a unha persoa da época.
- Un xornal ilustrado con novas e historias dese tempo.
- Unha obra de teatro histórica que recree unha temática concreta.
O voso obxectivo: reconstruír o saber perdido, combater os trolas e recuperar a verdade da Historia.
Lectura facilitada
Un grupo de terraplanistas viaxou ao pasado.
Borraron o coñecemento sobre:
- O Humanismo
- A ciencia
- A arte
- A relixión
- Os gobernos
Agora, moitas persoas cren teorías falsas.
Pero aínda temos esperanza.
Unha persoa gardou fragmentos do saber.
A vosa misión é recuperalos.
Que faremos?
Dividímonos en seis grupos.
Cada grupo traballará un tema:
- O despertar do ser humano: Humanismo e desenvolvemento científico.
- Amarás ao próximo!: Reforma e a Contrarreforma.
- Aquí mando eu!: as monarquías e a concentración do poder.
- O Renacemento e a perfección da arte.
- A arte do Barroco: o gran teatro do mundo.
- A caída dun imperio: a crise da Monarquía Hispánica.
Cada grupo recibirá 5 palabras clave como pistas.
O reto final:
Cada grupo contará o que aprendeu de tres maneiras posibles:
- Cunha entrevista histórica
- Cun xornal ilustrado
- Cunha pequena obra de teatro
O noso obxectivo:
- Recuperar o saber perdido
- Combater as loiadas ou trolas
- Coñecer mellor a Historia
