Saltar navegación

5. Conclusión

A recta final

Agora que xa temos os nosos traballos finais feitos, expostos e compartidos, chega o momento de facer unha reflexión final sobre todo o que aprendemos neste proceso.

Seguramente, despois do traballo feito, comprendes mellor a importancia  de investigar o pasado para comprender a realidade do noso presente e ter unha opinión crítica e analítica sobre a actualidade.

Na recta final, temos que revisar o traballo realizado, tanto individualmente como en grupo, e os contidos que aprendemos. Esta revisión permitirache valorar todo o teu traballo e o teu proceso de aprendizaxe, e algo moi importante, reflexionar para mellorar o teu rendemento á hora de enfrontarte a outras novas tarefas ou retos.

A seguinte infografía axudarache a recordar todo o aprendido (preme nela para descargar o pdf):

Infografía resumo

Lectura facilitada

Agora que rematamos os traballos.
É o momento de reflexionar sobre todo o que aprendemos.

Investigamos o pasado para comprender mellor o presente.
Iso axúdanos a ter unha opinión crítica sobre o que pasa hoxe.

Revisemos o traballo feito.
Vimos o que fixemos individualmente e en grupo.

Esta revisión axudarame a mellorar.
Poderemos facer mellor as tarefas ou retos no futuro.

A infografía seguinte axudarame a lembrar o que aprendín.

Rúbrica para avaliar o traballo en equipo

Rúbrica para avaliar o traballo en equipo
 4 Excelente 3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
Participación e colaboraciónTodos os membros do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando aos demais. (4)A maior parte dos membros do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando aos demais. (3)A metade dos membros do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudándose entre si. (2)Só un membro do equipo (ou ningún) participou de forma activa nas tarefas propostas e non houbo colaboración nin axuda entre eles. (1)
Distribución das tarefasAs tarefas repartíronse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (4)A maior parte das tarefas repartíronse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (3)Só a metade das tarefas repartiuse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (2)Houbo unha repartición moi desigual das tarefas entre os diferentes membros do equipo. (1)
Integración entre os membros do equipoDurante a realización de todas as tarefas, os membros do equipo expresaron libremente as súas opinións e puntos de vista, escoitaron as opinións dos demais e foron capaces de chegar a un consenso. (4)Durante a realización da maior parte das tarefas, os membros do equipo expresaron as súas opinións con liberdade, escoitaron aos demais e foron capaces de chegar a un consenso. (3)Durante a realización das tarefas, só a metade dos membros do equipo expresou libremente as súas opinións, escoitou as dos demais e lograron poñerse de acordo. (2)Durante a realización das tarefas, só un membro do equipo expresou a súa opinión, non houbo diálogo e terminouse impoñendo a opinión dunha soa persoa. (1)
Asunción de funcións e responsabilidadesTodos os membros do equipo exerceron moi ben as súas funcións e cumpriron á perfección as súas responsabilidades. (4)A maior parte dos membros do equipo exerceron as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (3)Só a metade dos compoñentes do equipo exerceron ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (2)Só un membro do equipo (ou ningún) exerceron ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (1)

CEDEC. Rúbrica para avaliar o traballo en equipo (CC BY-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Rúbrica da miña implicación e traballo

Rúbrica da miña implicación e traballo (4x4)
 Excelente SatisfactorioMellorableInsuficiente
Obxectivos e pasos do reto finalEntendín os obxectivos do reto final e os pasos para logralo (4)Aínda que non entendín os obxectivos do reto, souben que tiña que facer en cada paso. (3)Precisei axuda para entender os obxectivos e os pasos para logralo (2)Non entendín nin os obxectivos nin os pasos para acadar o reto final. (1)
Integración e colaboración co equipoA miña integración foi moi boa, tendo iniciativa, ideas e colaborando co resto dos membros do equipo. (4)A miña integración foi boa, aportando algunha idea e colaborando co resto dos membros do equipo. (3)Tiven problemas para integrarme no grupo e colaborei moi pouco co resto dos membros do equipo. (2)Non logrei integrarme ben e non colaborei co resto dos membros do equipo. (1)
Traballo individualFixen moi ben as actividades individuais sen precisar ningún tipo de axuda. (4)Fixen ben as actividades individuais, pero con algunha axuda puntual para superalas. (3)Fixen regular algunhas actividades individuais, a pesar de ter axuda na maior parte delas. (2)Non fixen as actividades individuais porque non as entendía e non pedín axuda para superalas. (1)
Resultado final do retoO meu traballo a nivel individual e grupal para a superación do reto final foi moi boa. (4)O meu traballo a nivel individual e grupal para a superación do reto final foi boa. (3)O meu traballo a nivel individual e grupal para a superación do reto final foi mellorable. (2)O meu traballo a nivel individual e grupal para a superación do reto final foi insuficiente. (1)

Elaboración propia. Rúbrica da miña implicación e traballo (4x4) (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Chegamos ao final! O camiño recorrido foi longo e agora toca facer unha valoración final.

Diríxite ao teu diario de aprendizaxe e realiza as últimas actividades da fase 5.

Lectura facilitada

Chegamos ao final! Fixeches un longo camiño.

Agora toca facer unha valoración final.

Vai ao teu diario de aprendizaxe e completa as actividades da fase 5.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)