Que temos que facer?

Imos crear un xornal ilustrado ambientado na época do Humanismo e os cambios que trouxo. Cada grupo elaborará unha ou varias páxinas dun xornal con noticias, entrevistas, opinións, ilustracións ou anuncios relacionados co apartado que lle toque, coma se fosen auténticas persoas dese tempo. A creatividade será clave!
Lectura facilitada
O xornal será sobre a época do Humanismo e os cambios que trouxo.
Cada grupo fará unha ou varias páxinas coas seguintes cousas:
- Noticias
- Entrevistas
- Opinións
- Ilustracións
- Anuncios
Todo isto relacionado co tema que vos toque.
A creatividade será moi importante!
