ODE 6 - Estación de traballo de COMUNICACIÓN INTERNA E EXTERNA
Taller de ciencia (con solucións)
Estudo de caso
Benvidos e benvidas ao voso novo destino dentro das rotacións do HospiVital!
Nesta ocasión, estades no Departamento de Comunicación Interna e Externa, onde o voso papel é fundamental para informar á sociedade sobre temas de saúde de maneira clara e efectiva.
A vosa tarefa de hoxe consiste en analizar unha infografía sobre as Infeccións de Transmisión Sexual (ITS) en España en 2023. Como futuros profesionais da comunicación sanitaria, teredes que identificar datos clave, comparalos e interpretalos para asegurarnos de que a poboación reciba información fiable e comprensible.
Nesta actividade empregaremos datos da situación das enfermidades de transmisión sexual no noso país desde o ano 2023.
Analiza o gráfico e responde ás preguntas que se propoñen.
Dirección General de Salud Pública y Equidad en Salud. Situación das ITS en España no ano 2023(Dominio público)