Saltar navegación

Estación de traballo: COMUNICACIÓN

Estación de traballo 6: COMUNICACIÓN

Imaxe recreando un departamento de epidemioloxía

Dámosche a benvida á estación de traballo de COMUNICACIÓN INTERNA E EXTERNA!

Nesta estación, adentrarémonos no mundo da saúde pública para reflexionar sobre como comunicar de maneira clara, efectiva e respectuosa temas tan importantes como a alimentación saudable e as infeccións de transmisión sexual (ITS).

Aprenderás a identificar estratexias de comunicación que axuden a mellorar os hábitos saudables, así como a informar e sensibilizar sobre as ITS, a súa prevención e as consecuencias de non coidar a saúde sexual.

Explorarás tamén como podemos transmitir mensaxes clave sobre saúde, desmontar falsos mitos e axudar ás persoas a tomar decisións informadas para coidar o seu corpo e a súa mente.

Prepárate para crear, pensar e propoñer solucións que contribúan a unha sociedade máis sa!

Adiante!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)