Saltar navegación

Coñecementos previos

Coñecementos previos

Imaxe dun icono para coñecementos previos

Resolve este cuestionario para identificar o nivel de coñecementos previos.

Tamén pode servirche para revisar e reforzar conceptos importantes antes de adentrarse nos temas desta sección.

Cuestionario para consolidar os coñecementos previos sobre a dieta saudable

Pregunta

Que é unha dieta equilibrada?

Respostas

Comer gran cantidade de froitas e verduras. 

Comer moitas proteínas e poucas graxas. 

Comer alimentos integrais e poucas proteínas. 

Comer un pouco de todo, nas proporcións adecuadas. 

Pregunta

Cal destes alimentos pertence ao grupo das proteínas?

Respostas

Mazá

Pan

Aceite de oliva

Peixe

Pregunta

Cal dos seguintes alimentos é unha fonte principal de hidratos de carbono?

Respostas

Carne

Leite

Ovo

Arroz

Pregunta

Cal destas opcións sería un exemplo de almorzo saudable?

Respostas

Bolería industrial e refresco.

Zume natural, tostada de pan integral con aceite e unha froita.

Só un café.

Unha bolsa de patacas fritidas.

Pregunta

Que significa o termo "caloría"?

Respostas

Unha enfermidade.

Un tipo de vitamina.

Un tipo de graxa.

A medida da enerxía que nos achegan os alimentos.

Pregunta

Por que é importante variar os alimentos que comemos?

Respostas

Para que a comida non aburra.

Para que o corpo reciba todos os nutrientes necesarios.

 Para comer máis rápido.

Para gastar menos diñeiro en comida.

Activar JavaScript

Cuestionario para valorar os coñecementos previos sobre ITS

Pregunta

Que son as infeccións de transmisión sexual (ITS)?

Respostas

Son enfermidades que se transmiten ao compartir comida.

Son infeccións que se transmiten a través de relacións sexuais.

Son enfermidades que só teñen os adultos.

Pregunta

Cal destas infeccións é unha ITS?

Respostas

Gripe.

Varicela.

Sida/VIH

Pregunta

As persoas poden ter unha ITS sen ter síntomas.

Respostas

Verdadeiro

Falso

Pregunta

Que persoas poden contraer unha ITS?

Respostas

Só persoas adultas.

Só persoas que teñen moitas parellas sexuais.

Calquera persoa que teña relacións sexuais sen protección.

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)