As infeccións de transmisión sexual. ITS
Definición e métodos de prevención
As Infeccións de Transmisión Sexual, tamén chamadas ITS, son enfermidades que se transmiten de persoa a persoa a través das relacións sexuais sen protección.
Poden estar causadas por bacterias, virus ou outros patóxenos.
Algunhas ITS poden curarse facilmente, pero outras poden acompañarte toda a vida.
Como previr as ITS?
- Usar preservativo en todas as relacións sexuais.
- Facer revisións médicas se tes dúbidas ou síntomas.
- Vacinarse contra o VPH e a hepatite B.
- Ter unha boa hixiene íntima.
- Falar coa túa parella sobre saúde sexual.
Se tes dúbidas ou algún síntoma, consulta cun profesional da saúde. Coidarse é fundamental!
Audio
ITS causadas por bacterias
As ITS causadas por bacterias poden tratarse con antibióticos.
Se non se tratan, poden provocar problemas graves de saúde.
As máis comúns son:
Clamidíase
Está causada pola bacteria Chlamydia trachomatis. Pode non dar síntomas, pero ás veces provoca dor ao ouriñar ou fluxos estraños. Trátase con antibióticos.
Gonorrea
Está causada pola bacteria Neisseria gonorrhoeae. Pode causar dor ao ouriñar, secrecións amarelas ou brancas e, se non se trata, problemas máis graves. É una bacteria bastante resistente.
Sífilis
Está causada pola bacteria Treponema pallidum. Comeza cunha chaga na zona xenital chamada chancro que non adoita ser dolorosa. Pero se non se trata, pode afectar a todo o corpo e incluso órganos importantes como o corazón e o cerebro.
Lectura facilitada
As ITS causadas por bacterias poden tratarse con antibióticos.
Se non se tratan, poden provocar problemas graves de saúde.
As máis comúns son:
Clamidíase
Está causada pola bacteria Chlamydia trachomatis.
Pode non dar síntomas, pero ás veces provoca dor ao ouriñar ou fluxos estraños. Trátase con antibióticos.
Gonorrea
Está causada pola bacteria Neisseria gonorrhoeae.
Pode causar dor ao ouriñar, secrecións amarelas ou brancas e, se non se trata, problemas máis graves.
É una bacteria bastante resistente.
Sífilis
Está causada pola bacteria Treponema pallidum.
Comeza cunha chaga na zona xenital chamada chancro que non adoita ser dolorosa.
Pero se non se trata, pode afectar a todo o corpo e incluso órganos importantes como o corazón e o cerebro.
Audio
Apoio visual
ITS causadas por virus
As ITS causadas por virus non se curan con antibióticos. Algunhas poden controlarse con medicamentos, pero outras quedan no corpo para sempre.
As máis coñecidas son:
VIH (Virus da Inmunodeficiencia Humana)
Ataca as defensas do corpo, deixando ao corpo sen defensas ante calquera outro patóxeno e pode causar sida se non se trata. Existen tratamentos que permiten levar unha vida longa e saudable.
Virus do Papiloma Humano (VPH)
Existen gran cantidade de variantes do virus con diferente gravidade. Pode provocar verrugas xenitais e, nalgúns casos, cancro de útero. Hai vacinas para previr este virus.
Herpes xenital
Causada polo virus do herpes simple (VHS). Provoca feridas dolorosas na zona xenital. Non ten cura, pero hai tratamentos para aliviar os síntomas.
Lectura facilitada
As ITS causadas por virus non se curan con antibióticos.
Algunhas poden controlarse con medicamentos, pero outras quedan no corpo para sempre.
As máis coñecidas son:
VIH (Virus da Inmunodeficiencia Humana)
Ataca as defensas do corpo, deixando ao corpo sen defensas ante calquera outro patóxeno e pode causar sida se non se trata.
Existen tratamentos que permiten levar unha vida longa e saudable.
Virus do Papiloma Humano (VPH)
Existen gran cantidade de variantes do virus con diferente gravidade.
Pode provocar verrugas xenitais e, nalgúns casos, cancro de útero.
Hai vacinas para previr este virus.
Herpes xenital.
Causada polo virus do herpes simple (VHS).
Provoca feridas dolorosas na zona xenital.
Non ten cura, pero hai tratamentos para aliviar os síntomas.
Audio
Apoio visual
ITS causadas por outros patóxenos
Algunhas ITS non están causadas por bacterias nin virus, senón por outros organismos:
Tricomoníase
Un parasito, en concreto protozoos da especie Tricomonas vaginalis que pode provocar picor, ardor e fluxos de mal cheiro nas mulleres, mentres que nos homes é asintomática. Trátase con antiparasitarios.
Candidíase
Un fungo da especie Candida albicans pode causar irritación e picor. Non sempre se transmite sexualmente, pero pode aparecer tras as relacións sexuais. Trátase con antifúnxicos.
Piollos patos e sarna
Pequenos parasitos que viven na pel ou na peluxe pubiana aliméntanse do sangue que absorben na pel, causando proído intenso. Trátanse con xabóns que destrúen os parasitos e os seus ovos.
Lectura facilitada
Algunhas ITS non están causadas por bacterias nin virus, senón por outros organismos:
Tricomoníase
Un parasito, en concreto protozoos da especie Tricomonas vaginalis que pode provocar picor, ardor e fluxos de mal cheiro nas mulleres, mentres que nos homes é asintomática.
Trátase con antiparasitarios.
Candidíase
Un fungo da especie Candida albicans pode causar irritación e picor.
Non sempre se transmite sexualmente, pero pode aparecer tras as relacións sexuais.
Trátase con antifúnxicos.
Piollos patos e sarna
Pequenos parasitos que viven na pel ou na peluxe pubiana aliméntanse do sangue que absorben na pel, causando proído intenso.
Trátanse con xabóns que destrúen os parasitos e os seus ovos.
Audio
Apoio visual