 |
Estación de traballo de COMUNICACIÓN INTERNA E EXTERNA.
Os obxectivos didácticos desta estación de traballo son:
- Manexar e comprender vocabulario científico relacionado co sistema inmunitario.
- Identificar e valorar os hábitos saudables con relación á alimentación.
- Analizar a importancia dunha dieta saudable.
- Identificar as enfermidades de transmisión sexual.
- Importancia dunha educación sexual integral.
Os obxectivos didácticos de carácter transversal que se traballarán nesta estación de traballo son:
- Analizar información en diferentes formatos (táboas, gráficas, textos), seleccionar, comprender e extraer conclusións.
- Citar e usar de forma correcta as fontes de información.
- Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas.
|