Estudo de caso
Benvidos e benvidas ao voso novo destino dentro das rotacións do HospiVital!
Nesta ocasión, formades parte do Departamento de Nutrición e Saúde Pública, onde a vosa misión será analizar e comunicar información esencial sobre alimentación saudable e obesidade na infancia e adolescencia.
A vosa tarefa de hoxe consiste en examinar datos sobre os hábitos alimentarios da mocidade, calcular a súa inxestión calórica e interpretar etiquetas nutricionais. Como futuros profesionais comprometidos coa saúde, debedes extraer conclusións clave e propoñer recomendacións para promover unha mellor alimentación entre a poboación máis nova.
Nesta actividade traballaremos con información realista sobre consumo de calorías, porcentaxes e estatísticas sobre alimentación na adolescencia.
Marcos e Andrea son dous adolescentes que se tomaron como mostra de referencia do grupo de adolescentes da zona de influencia do HospiVital.