Guía didáctica e manual de uso
RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan licenzas por formación para o curso académico 2024/25 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión.
Deberase incorporar en cada ODE:
- Unha guía didáctica en que se expoñan os obxectivos educativos pretendidos, os aspectos curriculares en que se incida, a metodoloxía e as orientacións didácticas, as actividades que se propoñan e os recursos de avaliación, con mención dos medios para achegar retroalimentación ás aprendizaxes no proceso avaliativo. Esta deberá poder ser visualizada en cada un dos ODE presentados.
- Un manual de uso (en formato PDF) en que se expliquen, cunha linguaxe axeitada para o nivel do alumnado, as pautas de utilización do material.