Saltar navegación

Reforzo e consolidación 1

Reforzo e consolidación. Cuestións de repaso sobre a doazón de órganos

Responde brevemente ás seguintes cuestións. 

Cuestión 1. Que órganos e tecidos se poden doar?

Cuestión 2. Cales son as condicións para ser doante en vida?

Cuestión 3. Por que é importante a compatibilidade entre doante e receptor?

Cuestión 4. Que diferenza hai entre un alotransplante e un xenotransplante?

Cuestión 5. Que papel xogan os inmunosupresores nunha persoa transplantada?

Cuestión 6. Como se regula a doazón de órganos en España?

Cuestión 7. Se foses médico nun hospital, como convencerías a unha familia que dubida en aceptar a doazón dun ser querido falecido?

Cuestión 8. Como influiría no número de transplantes o avance da tecnoloxía en impresión 3D de órganos?





Elixe a resposta correcta.

Pregunta

Quen pode ser doante de órganos en España?

Respostas

Só as persoas menores de 50 anos.

Calquera persoa, salvo que expresase en vida que non quere doar.

Só os que falecen en accidentes de tráfico.

Só os que teñan o carné de doante.

Retroalimentación

Pregunta

Que proba se fai para comprobar a compatibilidade entre doante e receptor?

Respostas

Un escáner corporal. 

Unha análise de colesterol. 

Analítica de grupo sanguíneo. 

Unha resonancia magnética completa. 

Retroalimentación

Pregunta

Que fan os inmunosupresores nun paciente transplantado?

Respostas

Fortalecen o sistema inmunitario. 

Previr de infeccións despois da cirurxía. 

Fan que o sistema inmunitario non reaccione tan forte contra o órgano transplantado.

Elimínanse do tratamento despois dun mes. 

Retroalimentación

Pregunta

Que sucede se unha persoa non deixa constancia da súa vontade sobre a doazón de órganos?

Respostas

Non poderá ser doante en ningún caso.

Os médicos decidirán automaticamente doar os seus órganos.

Só poderá doar tecidos, pero non órganos.

A súa familia tomará a decisión.

Retroalimentación

Pregunta

Que órganos se poden doar en vida?

Respostas

Os riles, parte do fígado e médula ósea.

O cerebro e o páncreas.

Todos os órganos do corpo.

 

O corazón e os pulmóns.

Retroalimentación

Pregunta

Cando se poden doar órganos despois do falecemento?

Respostas

Só se a persoa tivo un accidente de tráfico.

Sempre que a morte ocorra nun hospital e os órganos estean en bo estado.

En calquera circunstancia, sen importar a causa da morte.

Só se a persoa asinou un documento oficial en vida.

Retroalimentación

Accesibilidade. Transcrición a audio dos exercicios.

Cuestións
Elaboración propia coa ferramenta Narakeet (CC BY-SA)
Cuestionario
Elaboración propia coa ferramenta Narakeet (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)