 |
Estación de traballo de EPIDEMIOLOXÍA 1.
Os obxectivos didácticos desta estación de traballo son:
- Manexar e comprender vocabulario científico relacionado co sistema inmunitario: inmunosupresores, anticorpo, vacina, etc.
- Comprender os tipos de transplantes.
- Reflexionar sobre a importancia dos transplantes de doazón de órganos.
- Reflexionar sobre o uso das vacinas como medida de prevención de enfermidades.
Os obxectivos didácticos de carácter transversal que se traballarán nesta estación de traballo son:
- Analizar información en diferentes formatos (táboas, gráficas, textos), seleccionar, comprender e extraer conclusións.
- Citar e usar de forma correcta as fontes de información.
- Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas.
|