A doazón de órganos e tecidos
Conceptos básicos
Ás veces, algunhas persoas teñen órganos que deixan de funcionar ben. Para mellorar a súa saúde ou salvarlles a vida, poden recibir un transplante.
Un transplante é cando se cambia un órgano ou un tecido que non funciona por outro que si funciona.
Quen participa nun transplante?
Doador: é a persoa que dá o órgano ou o tecido.
Receptor: é a persoa que recibe o órgano ou o tecido.
Tipos de transplantes
Autotransplante: cando unha persoa recibe un órgano ou tecido do seu propio corpo. Por exemplo, un fragmento de pel para cubrir unha queimadura.
Alotransplante: cando o órgano ou tecido vén doutra persoa da mesma especie pero con diferente material xenético. Este é o máis común, como no caso dos riles ou do corazón.
Isotransplante: un caso especial de alotransplante no que o doador e o receptor son xemelgos idénticos. Como teñen o mesmo ADN, non hai risco de rexeitamento.
Heterotransplante ou xenotransplante: cando o órgano ou tecido vén dun animal. Por exemplo, válvulas do corazón de porco úsanse para tratar problemas cardíacos nas persoas.
Que órganos e tecidos se poden transplantar?
Hai diferentes tipos de transplantes:
Órganos: corazón, pulmóns, fígado, ril, páncreas e intestino.
Tecidos: medula ósea, córneas, pel, ósos, etc.
Pódese decidir que órganos doar?
De ser o caso, a vontade do doante será aceptada. É importante que a familia coñeza esta decisión para comunicalo no momento oportuno.
Quen pode doar?
En vida: Algunhas persoas poden doar un ril ou parte do fígado a outra persoa. Só pode realizarse ao cumprirse os requisitos por lei: maioría de idade, boa saúde física e mental, liberdade de decisión, gratuidade e altruísmo.
Despois de falecer: Se unha persoa morre e os seus órganos están en bo estado, pode ser doadora.
A lei española de transplantes establece que todos somos doantes, salvo que se comunique o contrario. Esta situación coñécese como “consentimento presunto”. Namentres, tras consultar se existe constancia escrita dalgunha decisión no Rexistro de Vontades Anticipadas, sempre se pregunta a familiares a vontade do falecido. Asúmese que a familia con contradirá os desexos do ser querido. A Organización Nacional de Transplantes (ONT) recomenda que quen queira ser doante o comunique á súa familia en vida.
Por que é importante doar?
Moitas persoas están esperando un órgano para vivir mellor ou seguir con vida. Cando alguén doa, está axudando a outra persoa a ter unha segunda oportunidade. Se queres saber máis, podes falar coa túa familia e informarte en hospitais ou asociacións.
Lectura facilitada
Ás veces, algunhas persoas teñen órganos que deixan de funcionar ben. Para mellorar a súa saúde ou salvarlles a vida, poden recibir un transplante.
Un transplante é cando se cambia un órgano ou un tecido que non funciona por outro que si funciona.
Quen participa nun transplante?
- Doador: é a persoa que dá o órgano ou o tecido.
- Receptor: é a persoa que recibe o órgano ou o tecido.
Tipos de transplantes
- Autotransplante: recibe un órgano ou tecido do seu propio corpo. Por exemplo, un fragmento de pel para cubrir unha queimadura.
- Alotransplante: o órgano ou tecido vén doutra persoa da mesma especie pero con diferente material xenético. Este é o máis común, como no caso dos riles ou do corazón.
- Isotransplante: o doador e o receptor son xemelgos idénticos. Como teñen o mesmo ADN, non hai risco de rexeitamento.
- Heterotransplante ou xenotransplante: cando o órgano ou tecido vén dun animal. Por exemplo, válvulas do corazón de porco úsanse para tratar problemas cardíacos nas persoas.
Que órganos e tecidos se poden transplantar?
- Órganos: corazón, pulmóns, fígado, ril, páncreas e intestino.
- Tecidos: medula ósea, córneas, pel, ósos, etc.
Pódese decidir que órganos doar?
De ser o caso, a vontade do doante será aceptada. É importante que a familia coñeza esta decisión para comunicalo no momento oportuno.
Quen pode doar?
- En vida: Algunhas persoas poden doar un ril ou parte do fígado a outra persoa. Só pode realizarse ao cumprirse os requisitos por lei: maioría de idade, boa saúde física e mental, liberdade de decisión, gratuidade e altruísmo.
- Despois de falecer: Se unha persoa morre e os seus órganos están en bo estado, pode ser doadora.
A lei española de transplantes establece que todos somos doantes, salvo que se comunique o contrario. Esta situación coñécese como “consentimento presunto”. Namentres, tras consultar se existe constancia escrita dalgunha decisión no Rexistro de Vontades Anticipadas, sempre se pregunta a familiares a vontade do falecido. Asúmese que a familia non contradirá os desexos do ser querido. A Organización Nacional de Transplantes (ONT) recomenda que quen queira ser doante o comunique á súa familia en vida.
Por que é importante doar?
Moitas persoas están esperando un órgano para vivir mellor ou seguir con vida. Cando alguén doa, está axudando a outra persoa a ter unha segunda oportunidade. Se queres saber máis, podes falar coa túa familia e informarte en hospitais ou asociacións.
Audio
Os transplantes e o sistema inmunitario
O proceso de transplante de órganos require un equilibrio delicado entre a compatibilidade do doador e o receptor, a prevención do rexeitamento e o uso de inmunosupresores para garantir o éxito do procedemento.
A compatibilidade asegura que o órgano transplantado funcione axeitadamente no novo corpo, mentres que o rexeitamento ocorre cando o sistema inmunitario do receptor identifica o órgano como unha ameaza e intenta eliminalo. Para evitar este problema, os pacientes deben tomar inmunosupresores de forma permanente, o que reduce a resposta inmune pero tamén aumenta o risco de infeccións.
Que é a compatibilidade?
Non todos os órganos serven para todas as persoas. Buscarase unha persoa doadora cuxa sangue e tecidos sexan similares aos do receptor. Canto máis parecidos sexan, mellor funcionará o órgano.
Para saber se un órgano é compatible co receptor, os médicos fan varias probas. Estas probas serven para reducir o risco de rexeitamento, que ocorre cando o sistema inmunitario ataca o órgano transplantado. As principais probas de compatibilidade son o grupo sanguíneo compatible, o estado xeral de saúde do receptor, ou se ten enfermidades ou infeccións que poidan afectar o transplante, como VIH ou cancro.
Que é o rexeitamento?
O sistema inmunitario do corpo está preparado para defendernos de elementos estraños, como virus e bacterias. Cando unha persoa recibe un órgano doutro ser humano (excepto no caso de xemelgos idénticos), o corpo recoñéceo como algo "diferente" e pode tratar de atacalo. Isto chámase rexeitamento. Hai varios tipos de rexeitamento: hiperagudo (moi rápido, poucas horas despois do transplante), agudo (días ou semanas despois do transplante) ou crónico (pode afectar o funcionamento do órgano).
Que son os inmunosupresores?
Estes fármacos fan que o sistema inmunitario non reaccione tan forte contra o órgano transplantado. A persoa receptora debe tomalos durante toda a súa vida para evitar o rexeitamento. Con todo, os inmunosupresores tamén poden facer que o corpo quede máis vulnerable a infeccións, polo que os pacientes deben seguir coidados especiais.
Como funcionan os medicamentos inmunosupresores?
Os inmunosupresores funcionan reducindo a actividade do sistema inmunitario para evitar que ataque o órgano transplantado. Fano de diferentes maneiras:
- Bloqueando a activación dos linfocitos T: Os linfocitos T son células do sistema inmunitario que recoñecen e atacan elementos estraños, incluído o novo órgano. Algúns inmunosupresores impiden que estas células se activen.
- Reducindo a produción de anticorpos: Outros fármacos fan que o corpo xere menos anticorpos, que son proteínas que poden atacar o órgano transplantado.
- Freando a comunicación entre células do sistema inmunitario: Certos inmunosupresores impiden que as células inmunitarias se envíen sinais entre si, reducindo así a súa resposta.
- Diminuíndo a inflamación: Algúns medicamentos, como os corticoides, reducen a inflamación que pode ocorrer cando o sistema inmunitario intenta atacar o novo órgano.
Grazas a estes efectos, o corpo do receptor acepta mellor o transplante. Pero, como os inmunosupresores fan que o sistema inmunitario funcione con menos forza, a persoa transplantada debe ter máis coidado con infeccións e seguir controis médicos frecuentes.
Lectura facilitada
O proceso de transplante de órganos require un equilibrio delicado entre a compatibilidade do doador e o receptor, a prevención do rexeitamento e o uso de inmunosupresores para garantir o éxito do procedemento.
A compatibilidade asegura que o órgano transplantado funcione axeitadamente no novo corpo, mentres que o rexeitamento ocorre cando o sistema inmunitario do receptor identifica o órgano como unha ameaza e intenta eliminalo.
Para evitar este problema, os pacientes deben tomar inmunosupresores de forma permanente, o que reduce a resposta inmune pero tamén aumenta o risco de infeccións.