Retroalimentación
Cuestión 1.
| Grupo de idade |
Poboación total |
Nº de persoas vacinadas |
Nº de persoas non vacinadas |
| Menores de 18 anos |
10.000 |
2.500 |
10.000 - 2.500= 7.500 |
| Entre 18 e 65 anos |
30.000 |
12.000 |
30.000 - 12.000=18.000 |
| Maiores de 65 anos |
8.000
|
8.000 - 1.600= 6.400 |
1.600 |
Cuestión 2.
a)
A partir dos datos da táboa, podemos calcular as porcentaxes como:
Para o grupo dos menores de 18 anos, a porcentaxe de persoas vacinadas calcúlase como % vacinados = (Número ÷ Total) × 100 = 2.500 / 10.000 × 100 = 25 %
Para o grupo de persoas entre 18 e 65 anos, a porcentaxe de persoas vacinadas calcúlase como % vacinados = (Número ÷ Total) × 100 = 12.000 / 30.000 × 100 = 40 %
Para o grupo de persoas maiores de 65 anos, a porcentaxe de persoas vacinadas calcúlase como % vacinados = (Número ÷ Total) × 100 = 6.400 / 8.000 × 100 = 80 %
Da mesma forma, pódese calcular as porcentaxes de persoas non vacinadas aplicando os datos e realizando o cálculo ou de forma razoada como podemos comprobar neste exemplo:
- Para o grupo dos menores de 18 anos, a porcentaxe de persoas non vacinadas será 100% - 25% = 75 %
- Para o grupo dos menores de 18 anos, a porcentaxe de persoas vacinadas calcúlase como % Non vacinados = (Número ÷ Total) × 100 = 7.500 / 10.000 × 100 = 75 %
Para o grupo de persoas entre 18 e 65 anos, a porcentaxe de persoas non vacinadas calcúlase como % non vacinados = 100% - 40 % = 60 %
Para o grupo de persoas maiores de 65 anos, a porcentaxe de persoas non vacinadas calcúlase como % non vacinados = 100% - 80 % = 20 %
En resumo,
Para os menores de 18 anos, o 25% do grupo está vacinado e o 75% restante non está vacinado.
Para o grupo de 18 a 65 anos, o 40% do grupo está vacinado e o 60% restante non está vacinado.
Para os maiores de 65 anos, o 80% do grupo está vacinado e o 75% restante non está vacinado.
b) Expresa o número de vacinados como fracción da poboación total en cada grupo de idade. (Exemplo: 2.500/10.000)
Para o grupo dos menores de 18 anos, a fracción de poboación vacinada é de Número ÷ Total = 2.500 / 10.000 = 25 / 100 = 5 /20 = 1/4
Para o grupo de persoas entre 18 e 65 anos, a fracción de poboación vacinada é de Número ÷ Total = 12.000 / 30.000 = 12 /30 = 6 / 15 = 2/5
Para o grupo de persoas maiores de 65 anos, a fracción de poboación vacinada é de Número ÷ Total = 6.400 / 8.000 = 64 / 80 = 8 /10 = 4/5
Cuestión 3.
a) Débese ter en conta que o total da poboación é de 10.000 + 30.000 + 8.000 = 48.000 persoas
A probabilidade de que unha persoa ao azar sexa maior de 65 anos e estea vacinada é :
como fracción = Número ÷ Total = 6.400 / 48.000 = 64 / 480 = 4 /30 = 2 /15
como porcentaxe = (Número ÷ Total) × 100 = (6.400 / 48.000) × 100 = 13 %
A probabilidade de que unha persoa ao azar sexa menor de 18 anos e non estea vacinada.
como fracción = Número ÷ Total = 7.500 / 48.000 = 75 / 480 = 15 /96 = 5 /32
como porcentaxe = (Número ÷ Total) × 100 = (7.500 / 48.000) × 100 = 16 %
Cuestión 4.

Cuestión 5.
a) O grupo de maiores de 65 anos ten a maior porcentaxe de vacinados, con 80%.
b) Este grupo ten máis persoas vacinadas por factores como maior concienciación sobre a saúde, recomendacións médicas, accesibilidade e cultura de vacinación.
c) O número actual de vacinados entre 18 e 65 anos é de 12.000 persoas. Se queremos aumentar este número nun 20%, temos que calcular o 20% de 12.000 e sumalo ao número inicial de vacinados.
20% de 12.000 = 12.000 × 0.20 = 2.400
Por tanto, necesitarían vacinarse 2.400 persoas máis para alcanzar un aumento do 20% no grupo de 18 a 65 anos.