Saltar navegación

Taller de ciencia (con solucións)

Estudo de caso

Hoxe, mentres realizades a vosa rotación neste importante departamento, temos unha noticia de última hora que marca a realidade do sistema sanitario. A nosa compañeira reporteira acaba de traer unha noticia sobre as listas de espera para transplantes de ril, que cada vez se volven máis longas. A cada mes, entran novos pacientes, mentres que as doazóns de órganos non son suficientes para cubrir toda a demanda. A situación é crítica, pero os profesionais deste departamento traballan sen descanso para garantir que os transplantes se realicen de maneira efectiva e segura.

A tarefa de hoxe será analizar esta problemática, comprender os tempos de espera e a xestión das doazóns, e valorar a importancia de cada paso no proceso de transplante de órganos. 

A noticia está sobre a mesa!   

Transcrición a texto da noticia presentada no telexornal de onte: 

"Hoxe falamos da realidade das listas de espera para transplantes de ril no noso país.

Nos hospitais, centos de pacientes esperan unha segunda oportunidade grazas á doazón de órganos.

Actualmente, hai 120 persoas en lista de espera para un transplante de ril. Cada mes, os hospitais conseguen realizar 15 transplantes, pero a situación complícase porque cada mes entran 5 novos pacientes na lista. Ademais, un 40% dos pacientes teñen prioridade alta, o que significa que recibirán o transplante antes que o resto.

Expertos en transplantes insisten na importancia da doazón de órganos. A colaboración cidadá é clave para reducir os tempos de espera e salvar vidas.

Desde os hospitais, fan un chamamento á poboación: Facerse doante é un xesto sinxelo, pero pode marcar a diferenza entre a vida e a morte."

Imaxe dunha reporteira de telexornal

Feito con eXeLearning (Nova xanela)