Saltar navegación

As vacinas

Neste vídeo imos descubrir que son as vacinas, para que serven e como funcionan no noso corpo.
Tamén aprenderemos os diferentes tipos de vacinas e que facer se algunha vez temos algún efecto secundario despois de vacinarnos.

É un vídeo curto e moi fácil de entender.
Presta atención porque despois faremos algunhas actividades para comprobar o que aprendiches.

Dálle ao play e aprende cousas importantes para coidar da túa saúde!

Elaboración propia coa ferramenta Synthesia. As vacinas (CC BY-SA)



Exercicios de reforzo

Icono descrición de audio
Transcrición a audio dos exercicios sobre os contidos do vídeo
Elaboración propia coa ferramenta Narakeet (CC BY-SA)

Despois de ver o vídeo, responde ás seguintes preguntas: 

Cuestión 1. Que son as vacinas?

Cuestión 2. Como axudan as vacinas ao noso corpo?

Cuestión 3. Que son os anticorpos? E os antíxenos?

Cuestión 4. Que ocorre se unha persoa vacinada entra en contacto co virus ou bacteria real?

Cuestión 5. Todas as vacinas se poñen cunha inxección?

Cuestión 6. Como se chama a inmunidade cando o corpo crea as súas propias defensas?

Cuestión 7. Como se chama a inmunidade cando recibimos as defensas feitas por outros?

Cuestión 8. Que tipo de vacinas existen?

Cuestión 9. As vacinas poden ter efectos secundarios?

Cuestión 10. Que debemos facer se temos efectos secundarios despois de vacinarnos?

Cuestión 11. Que levan as vacinas ademais dos virus ou bacterias?

Cuestión 12. Por que é importante notificar os efectos secundarios?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)