Saltar navegación

Reforzo e consolidación 2

Exercicios de reforzo e consolidación

Exercicio 1.  Inventa e escribe unha pequena historia imaxinando que eres unha vacina que entra no corpo dunha persoa.
Na historia, debes contar:

  • A quen vas axudar.
  • Como ensinas aos anticorpos a defenderse.
  • Que pasa se chega o virus.


Exercicio 2. Organiza un xogo de 15 preguntas (verdadeiro ou falso e outras con resposta múltiple) para repasar os contidos vistos sobre as vacinas. 

Exercicio 3. Prepara un debuxo sinxelo que explique como funciona unha vacina.
Logo, explicarás o debuxo aos compañeiros/as, con palabras propias.

Aquí tes unhas posibles orientacións para o debuxo:

  • Debuxar unha vacina.
  • Debuxar o corpo humano (pode ser unha cara ou un boneco).
  • Debuxar os anticorpos como pequenos escudos ou soldados.
  • Unha frecha que mostre como os anticorpos atacan ao virus.



Feito con eXeLearning (Nova xanela)