Saltar navegación

Transmisión de enfermidades

As enfermidades infecciosas son aquelas que se producen cando microorganismos prexudicial tamén chamado patóxeno, como bacterias, virus ou fungos entran no noso corpo e comezan a multiplicarse.

Os patóxenos poden transmitirse de diferentes maneiras:

Lectura facilitada

As enfermidades infecciosas son aquelas que se producen cando microorganismos prexudicial tamén chamado patóxeno, como bacterias, virus ou fungos entran no noso corpo e comezan a multiplicarse.

Os patóxenos poden transmitirse de diferentes maneiras:

  • Transmisión por contacto directo

Isto acontece cando tocamos ou estamos en contacto físico con alguén que xa ten a enfermidade. Por exemplo, se damos a man a alguén que ten a gripe, se tocamos a súa pel cando ten unha ferida infecciosa, ou se mantemos relacións sexuais con alguén que padeza unha ITS sen protección.

  •  Transmisión por vía aérea ou gotículas

 Algúns virus, como o da gripe, poden viaxar a través do aire cando unha persoa infectada tose ou esbirra. As gotículas de saliva caen no aire e poden chegar ás persoas que están cerca.

  •  Transmisión por obxectos, superficies, auga ou alimentos contaminados

Se tocamos unha superficie que foi contaminada por unha persoa enferma (por exemplo, un pomo da porta ou unha mesa), podemos coller a enfermidade se logo tocamos a nosa cara, especialmente os ollos, a boca ou o nariz.

  •  Transmisión por insectos ou animais, chamados vectores de transmisión

Algúns patóxenos son transmitidos por insectos, como mosquitos. Exemplos son a malaria ou o dengue a través da picadura dun mosquito.  Tamén hai enfermidades que se poden transmitir a través de animais, como a rabia, despois da mordedura de cans infectados.

  •  Transmisión a través do sangue ou tecidos, coñecido como vía parenteral

Os patóxenos que se transmiten polo sangue producen enfermidades que se transmiten de persoa a persoa a través do contacto directo con sangue infectado u otros líquidos corporais como a suor, a saliva, o pus ou o seme.

Exemplos son a hepatite B a través de feridas ou pinchazos, ou o VIH a través de tatuaxes con agullas contaminadas.

Audio

Audio (2min)
Gemma CR. Tipos de transmisión de enfermidades infecciosas (CC BY)

Apoio visual

mapa mental sobre os tipos de transmisión de enfermidades infecciosas
Elaboración propia. Mapa mental sobre os tipos de transmisión de enfermidades, elaborado coa ferramenta Text2MindMap (CC BY)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)