Saltar navegación

Reforzo e consolidación 3

Exercicios de reforzo e consolidación

Exercicio 1.  Marca con (V) se a afirmación é verdadeira ou con (F) se é falsa. Xustifica as afirmacións falsas.

Os antibióticos son efectivos contra virus, como a gripe.
Se me sinto mellor despois de dous días de tratamento con antibióticos, debo deixar de tomalos.
O mal uso dos antibióticos pode xerar bacterias resistentes.
A automedicación con antibióticos é perigosa.
Os antibióticos só se deben tomar baixo prescrición médica.


Exercicio 2. Completa as seguintes frases con palabras correctas:

Os antibióticos só serven para combater ____________.
A resistencia bacteriana ocorre cando as ____________ se fan fortes e sobreviven aos tratamentos.
Sempre debemos rematar o tratamento con antibióticos, incluso se ____________.
Antes de tomar antibióticos, é necesario consultar a ____________.
O uso excesivo de antibióticos pode desequilibrar a ____________ do corpo.


Exercicio 3. Lee as seguintes situacións e responde:

Marcos ten dor de gorxa e decide tomar un antibiótico que lle quedou dun tratamento anterior. Que erros está cometendo? Que consecuencias pode ter iso?


Laura deixa de tomar os antibióticos que lle receitou o médico porque xa se sente mellor. Que problemas pode causar esta decisión?


Unha granxa utiliza antibióticos de forma preventiva nos animais sen que estes teñan enfermidades. Que riscos pode haber para a saúde humana e animal?



Feito con eXeLearning (Nova xanela)