Agora que xa coñecemos os conceptos básicos os tipos de tratamentos para tratar enfermidades infecciosas, imos afondar no caso concreto dos antibióticos.
Estes medicamentos foron unha revolución na medicina, salvando millóns de vidas ao longo da historia.
Pero, que ocorre cando abusamos deles? Ou cando os usamos de xeito incorrecto?
A resposta está na resistencia aos antibióticos, un problema crecente que fai que as infeccións comúns poidan volver ser perigosas.