Saltar navegación

Coñecementos previos

Coñecementos previos

Imaxe dun icono para coñecementos previos

Resolve este cuestionario para identificar o nivel de coñecementos previos.

Tamén pode servirche para revisar e reforzar conceptos importantes antes de adentrarse nos temas desta sección.

Exercicio. Cuestionario para consolidar os coñecementos previos.

Pregunta

Que é a saúde?

Respostas

Ausencia de enfermidade. 

Capacidade para curarse ou recuperarse rapidamente cando estás enfermo ou enferma. 

Ausencia de síntomas dunha enfermidade

O estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades.

Pregunta

Que tipo de microorganismos causan a maioría das enfermidades infecciosas?

Respostas

Bacterias.

Virus.

Fungos. 

Bacterias, virus e fungos. 

Pregunta

Que parte do corpo humano se encarga de defenderse de patóxenos como bacterias ou virus?

Respostas

O sistema dixestivo, a través da permeabilidade do intestino delgado. 

O sistema circulatorio, que permite transportar no sangue substancias a todas as células do corpo. 

O sistema nervioso, que se encarga de elaborar respostas ante os estímulos detectados, como a entrada dun microorganismo. 

O sistema inmunitario, actuando coas barreiras primarias e secundarias ante os patóxenos. 

Pregunta

Cal é a diferenza entre antibióticos e antivirais?

Respostas

Os antibióticos tratan enfermidades causadas por virus e os antivirais tratan bacterias.

Os antibióticos tratan enfermidades bacterianas e os antivirais tratan as enfermidades virais.

Os antibióticos só se usan para a gripe e os antivirais para bacterias.

Non hai diferenza; son tratamentos para o mesmo tipo de enfermidades, coma a gripe. 

Pregunta

Que é a resistencia aos antibióticos?

Respostas

A capacidade dos antibióticos de eliminar todas as bacterias do corpo.

A capacidade do corpo humano de defenderse mellor das bacterias.

A capacidade dos antibióticos de curar todas as enfermidades.

A capacidade das bacterias de adaptarse e volverse mais fortes ante os antibióticos.

Pregunta

Que tipo de enfermidades non son transmisibles?

Respostas

As infecciosas causadas por virus ou bacterias.

As enfermidades inmunolóxicas ou crónicas.

As enfermidades virais, como a gripe. 

Ningún tipo de enfermidade é non transmisible. 

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)