 |
Estación de traballo de EPIDEMIOLOXÍA 1.
Os obxectivos didácticos desta estación de traballo son:
- Sinalar se unha enfermidade presenta transmisión directa ou indirecta.
- Identificar as medidas de prevención e os tratamentos que existen ata o momento en función do patóxeno que provoca a enfermidade.
- Reflexionar sobre a importancia dun uso adecuado de antibióticos.
Os obxectivos didácticos de carácter transversal que se traballarán nesta estación de traballo son:
- Analizar información en diferentes formatos (táboas, gráficas, textos), seleccionar, comprender e extraer conclusións.
- Citar e usar de forma correcta as fontes de información.
- Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas.
|