Saltar navegación

Tipos de tratamentos

Tipos de tratamentos para as enfermidades infecciosas

Medicamentos específicos

1 - Tratamentos específicos

Os tratamentos para as enfermidades infecciosas dependen do tipo de patóxeno que as causa. Estes patóxenos poden ser bacterias, virus, fungos ou parasitos, e para cada un hai tratamentos específicos. Ademais, en certos casos, tamén se utilizan soros, que axudan a mellorar a resposta do corpo ante a infección.

Lectura facilitada

1 -Tratamentos específicos

Os tratamentos para as enfermidades infecciosas dependen do tipo de patóxeno que as causa. 

Antibióticos.

Tratan enfermidades producidas por bacterias. 

Son substancias naturais que destrúen as bacterias ou impiden que se reproduzan. Son producidas por algúns fungos, como mecanismo de defensa contra determinadas bacterias contras as que compiten polo alimento.   

O uso correcto dos antibióticos é esencial para evitar a aparición de bacterias resistentes.

Exemplos: a azitromicina é un antibiótico para tratar infeccións na gorxa.

Antivirais.  

Tratan algunhas enfermidades producidas por virus. 

Os virus non se tratan con antibióticos. 

Son substancias complexas de obter. Son difíciles de producir, obter e ademais teñen toxicidade para os pacientes.

Exemplo: o aciclovir é un antiviral para tratar infeccións causadas polo virus do herpes.

Antifúnxicos.

Tratan enfermidades causadas por fungos, como as que afectan á pel ou ás uñas. Adoitan aparecer en persoas con defensas baixas.

Deben ser específicos para o tipo de fungo que causa a enfermidade.

Poden ser en forma de cremas, comprimidos ou tratamentos intravenosos.

Exemplo:  o ketonocazol é empregado para tratar infeccións da pel, como o pé de atleta  que está dispoñible en cremas, xampús e comprimidos. 

Antiparasitarios.

Tratan as enfermidades causadas por parasitos.

Atacan o parasito e axudan a eliminalo do corpo.

Exemplo: a ivermectina é un antiparasitario de amplo espectro que se utiliza contra parasitos externos como piollos e sarna (ácaros).

Soros inmunolóxicos.

Conteñen anticorpos específicos ou substancias que axudan ao corpo a loitar contra as infeccións.

Poden ser usados cando o corpo non é capaz de producir unha resposta inmunitaria forte por si só, ou cando é necesario actuar rapidamente para combater unha infección.

Existen diferentes tipos de soros, como os soros antitetánicos, antiofídicos (para mordeduras de serpes) ou soros antivirais.

Prións

Finalmente, debemos preguntarnos polo tratamento contra os prións.

Non existe un tratamento eficaz contra as enfermidades causadas por prións.

Os prións son proteínas anormais que poden inducir a outras proteínas normais no cerebro a dobrarse de forma incorrecta, causando danos cerebrais progresivos.

As enfermidades priónicas son raras, pero son sempre fatais e progresan rapidamente.

O tratamento céntrase en aliviar os síntomas e mellorar a calidade de vida do paciente.

Audio

Medicamentos específicos.
Elaboración propia coa ferramenta Narakeet. Audio (CC BY-SA)

Apoio visual

Mapa mental para apoio visual
Elaboración propia coa ferramenta Text2Mind Map. Tipos de tratamentos para enfermidades infecciosas (Dominio público)

Medicamentos sintomáticos

Ademais de tratar directamente o axente patóxeno que causa a enfermidade, podemos empregar medicamentos sintomáticos para aliviar os síntomas que nos pode provocar unha enfermidade como a febre ou a dor.

Os grupos de medicamentos mais frecuentes son os analxésicos, os antiinflamatorios, os antihitamínicos, antitusíxenos  e os mucolíticos e expectorantes.

Analxésicos

Os analxésicos alivian a sensación de dor, pero non a curan.

Algúns dos mais habituais son o paracetamol ou o ácido acetilsalicílico (aspirina).

O paracetamol pode aliviar a dor de cabeza
Ilustración dunha persoa con dor de cabeza ou migraña
Mohamed Hassan. Headache (Dominio público)

Antiinflamatorios non esteroideos (AINEs)

Os antiinflamatorios reducen a inflamación, e por iso alivian a dor. Algún poden baixar a febre.

Algúns exemplos son o ibuprofeno ou o  naproxeno.

O ibuprofeno actúa como antiinflamatorio
Imaxe dunha pílulas de ibuprofeno
Ragesoss. Pastillas de ibuprofeno (CC BY-SA)

Antihistamínicos

Os antihistamínicos reducen os síntomas das reaccións alérxicas como o picor, os mocos ou os ollos vermellos.

Algúns exemplos son a loratadina ou a cetirizina.

Os antihistamínicos reducen os síntomas das alerxias
Imaxe de pílulas de antihistamina de cor rosa
Castorly Stock (Dominio público)

Antitusíxenos

Os antitusíxenos reducen a tose, especialmente cando é seca e molesta.

Algúns exemplos son dextrometorfano.

O dextrometorfano é un xarope antitusíxeno
Imaxe dun xarope de dextrometorfano
Rassmik. dextrometrofano (CC BY-SA)

Mucolíticos

Os mucolíticos ou expectorantes facilitan a expulsión da mucosidade.

Algúns exemplos son a acetilcisteína ou o naproxol.

A acetilcisteía actúa como mucolítico
Exemplo dun medicamento mucolítico
Syd Storm. Acetilcisteína (Dominio público)

 
É importante usar os medicamentos con responsabilidade e seguir sempre as indicacións do médico ou do farmacéutico.

Nunca debemos tomar máis cantidade da recomendada.

Lectura facilitada

Ademais de tratar directamente o axente patóxeno que causa a enfermidade, podemos empregar medicamentos sintomáticos para aliviar os síntomas que nos pode provocar unha enfermidade como a febre ou a dor.

Os grupos de medicamentos mais frecuentes son os analxésicos, os antiinflamatorios, os antihitamínicos, antitusíxenos  e os mucolíticos e expectorantes.

 Analxésicos

  • Os analxésicos alivian a sensación de dor, pero non a curan.
  • Algúns dos mais habituais son o paracetamol ou o ácido acetilsalicílico (aspirina).

Antiinflamatorios non esteroideos (AINEs)

  • Os antiinflamatorios reducen a inflamación, e por iso alivian a dor. Algún poden baixar a febre.
  • Algúns exemplos son o ibuprofeno ou o  naproxeno.

Antihistamínicos

  • Os antihistamínicos reducen os síntomas das reaccións alérxicas como o picor, os mocos ou os ollos vermellos.
  • Algúns exemplos son a loratadina ou a cetirizina.

Antitusíxenos

  • Os antitusíxenos reducen a tose, especialmente cando é seca e molesta.
  • Algúns exemplos son dextrometorfano.

Mucolíticos

  • Os mucolíticos ou expectorantes facilitan a expulsión da mucosidade.
  • Algúns exemplos son a acetilcisteína ou o naproxol.

É importante usar os medicamentos con responsabilidade e seguir sempre as indicacións do médico ou do farmacéutico.

Nunca debemos tomar máis cantidade da recomendada

Audio

Medicamentos sintomáticos
Elaboración propia coa ferramenta Narakeet. Audio (CC BY-SA)

Exercicios

Exercicio 1: Os tratamentos para enfermidades infecciosas

Obxectivo

Comprender as características dos tratamentos para enfermidades infecciosas

Contextualización e instrucións

Acabas de chegar ao departamento de Epidemioloxía do HospiVital. Como primeira toma de contacto co departamento, debes demostrar que manexas os conceptos básicos para poder traballar neste departamento.

Apartado a. Indica se as seguintes frases fan referencia a un antibiótico, un antiviral ou un soro.

  • É un método que axuda a mellorar a resposta inmunitaria do paciente.
  • Existen poucas substancias que se poden empregar con seguridade.
  • Se non se usa de forma adecuada, pode crear bacterias superresistentes.
  • Contén anticorpos específicos.
  • Axuda a que o sistema inmunitario produza anticorpos específicos.

Apartado b. Asocia cada tipo de tratamento (antibiótico, antiviral, antifúnxico, antiparasitario, soro) coa súa descrición ou exemplo.

A. Úsase para combater infeccións fúnxicas que afectan á pel ou ás uñas.

B. Trátanse infeccións causadas por parasitos como a malaria ou a sarna.

C. Axudan ao corpo a loitar contra infeccións cando o sistema inmunitario non pode responder adecuadamente.

D. Empregados para tratar enfermidades causadas por bacterias, como a pneumonía.

E. Fármacos que axudan a combater infeccións virais como o herpes.

Apartado c. Identifica o erro nas seguintes oracións. Reescribe a oración de forma correcta.

Os antibióticos son substancias naturais que destrúen os virus e impiden que se reprodúzan.

O uso correcto dos antibióticos é esencial para evitar a aparición de fungos resistentes.

Os antivirais son substancias menos complexas de obter que outros fármacos.

As infeccións fúnxicas adoitan aparecer en persoas con defensas altas, e o tratamento debe ser específico para o tipo de fungo que causa a enfermidade.

Os antivirais son substancias complexas que non resultan tóxicas para o paciente .

Os medicamentos antiparasitarios atacan os prións e axudan a eliminalos do corpo.

As enfermidades priónicas poden tratarse de forma eficaz, incluídos os seus síntomas.

Exercicio 2: Impacto dos Microorganismos Patóxenos na Sociedade

Obxectivo:

Analizar o impacto das enfermidades causadas por microorganismos patóxenos e as dificultades no seu tratamento. 

Contextualización e instrucións:

Escolle unha enfermidade causada por un prión e realiza unha investigación sobre o seu impacto na sociedade.

Escribe un informe dunha páxina que inclúa:

  • Unha breve descrición da enfermidade e do microorganismo que a causa.
  • Estatísticas de incidencia e mortalidade a nivel global e no teu país.
  • Impacto sanitario: tratamentos en estudo, e tratamentos actuais para aliviar os síntomas da enfermidade. 

Presenta os teus achados á clase grabando un podcast a partir do teu informe nunha exposición breve (5 minutos).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)