Tarefa análise e interpretación de datos
- Duración:
- 1 hora 25 min
- Agrupamento:
- Individual
Actividade: Emerxencia en Urxencias: Analizando o caso de Mario".
Materiais Necesarios:
- Calculadora ou Folla para realizar os cálculos matemáticos
- OU folla de cálculo e ferramentas dixitais matemáticas.
- Acceso a internet.
Introdución da tarefa: Emerxencia en urxencias
Actividades e tarefas para resolver:
Actividade 1. Analiza a situación de Mario e indica que compoñentes da súa saúde (física, mental e social) se ven afectadas.
Actividade 2. Que tipo de trastorno provoca a situación de Mario? Xustifica por que se trata dun caso de tolerancia, abuso, dependencia, ou síndrome de abstinencia.
Actividade 3. Despois de estabilizar a Mario, que hábitos saudables lle recomendarías para mellorar a súa situación a longo prazo? Expón ao menos tres.
Actividade 4. A cocaína permanece no corpo durante un período determinado antes de ser eliminada. Supón que o corpo de Mario elimina 10% da cocaína cada hora. Se Mario consumira 0,5 gramos de cocaína, cantos gramos quedan no seu corpo despois de 5 horas?
Actividade 5. Supón que, no caso de Mario, a súa presión arterial antes de consumir cocaína era de 120/80 mmHg. Despois da abstinencia, ao reducir de forma brusca o seu consumo, a súa tensión reduciuse un 30%. Cal sería a súa nova presión arterial?
Actividade 6. Un estudo realizado no HospiVital revelou que no último ano, o 5% da poboación adolescente comezou a consumir drogas. Se na cidade hai 1.500 adolescentes, canto é o número estimado de novos consumidores de drogas no último ano?
Actividade 7. Segundo as estatísticas do HospiVital, o 20% dos pacientes que chegan á Unidade de Urxencias debido ao consumo de cocaína experimentan complicacións graves. Se o hospital atendeu a 50 pacientes con sobredose de cocaína nesta semana, cantos pacientes, aproximadamente, experimentarán complicacións graves?
Actividade 8. Accede ao portal do Plan Nacional sobre Drogas en "Información sobre drogas e outras condutas aditivas" na pestana cidadáns. Localiza a substancia relacionada coa situación de Mario e elabora un resumo sobre os riscos e efectos desta droga. Sigue as pautas que se mostran máis abaixo para realizar un bo resumo.
Actividade 9. Accede ao portal do Plan Nacional sobre Drogas en "Información sobre drogas e outras condutas aditivas" na pestana cidadáns. Busca tres mitos frecuentes sobre a cocaína e selecciona aqueles que ti pensabas que eran verdadeiros. Explica por que estes mitos non son correctos.
Avaliación da actividade.
- Interpretación correcta dos datos e da información.
- Organización adecuada da información no resumo.
- Propostas razoables de hábitos saudables.
- Resolución de cuestións sobre bioloxía.
Esta tarefa será avaliada mediante unha lista de cotexo e pondera o 30% na nota correspondente a esta unidade didáctica.
Na aula virtual, na sección corresponte á entrega da tarefa, poderás ver a lista de cotexo coa que se avaliará a actividade.
Formato de entrega da actividade.
- Un único arquivo.
- Entregar en formato pdf.
- Nomear o arquivo como ApelidosNome-Emerxencia.pdf. (Exemplo: GarciaGonzalezMatias-Emerxencia.pdf)
Como elaborar un bo resumo.
Aquí tes unhas pautas para resolver a tarefa de forma organizada e clara:
- Accede á fonte de información:
Entra no portal do Plan Nacional sobre Drogas.
Diríxete á pestana Cidadáns e fai clic en Información sobre drogas e outras condutas aditivas.
Busca a substancia relacionada coa situación de Mario (cocaína).
2. Estrutura do resumo:
Extensión: O resumo debe ter entre 150 e 200 palabras.
Contido clave: Nome da substancia e características principais.
Efectos no organismo: Diferenciar entre efectos a curto e longo prazo.
Riscos para a saúde: Tanto físicos como psicolóxicos e sociais.
Posibilidade de adicción e consecuencias a nivel persoal e social.
3. Linguaxe e redacción:
Emprega unha linguaxe clara e obxectiva.
Utiliza frases curtas e parágrafos ben organizados.
Evita copiar directamente da fonte; reformula a información coas túas palabras.
Ferramentas dixitais
Nesta ferramenta dixital PDF (gratuíta, sen rexistro e en liña) poderás transformar arquivos (imaxes, documentos) a pdf e incluso unir varios documentos pdf nun só arquivo.
