Saltar navegación

Coñecementos previos

Coñecementos previos

Imaxe dun icono para coñecementos previos

Resolve este cuestionario para identificar o nivel de coñecementos previos.

Tamén pode servirche para revisar e reforzar conceptos importantes antes de adentrarse nos temas desta sección.

Exercicio. Cuestionario para consolidar os coñecementos previos.

Pregunta

Que é a saúde?

Respostas

Ausencia de enfermidade. 

Capacidade para curarse ou recuperarse rapidamente cando estás enfermo ou enferma. 

Ausencia de síntomas dunha enfermidade

O estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades.

Pregunta

Que tipo de microorganismos causan a maioría das enfermidades infecciosas?

Respostas

Bacterias.

Virus.

Fungos. 

Bacterias, virus e fungos. 

Pregunta

Que parte do corpo humano se encarga de defenderse de patóxenos como bacterias ou virus?

Respostas

O sistema dixestivo, a través da permeabilidade do intestino delgado. 

O sistema circulatorio, que permite transportar no sangue substancias a todas as células do corpo. 

O sistema nervioso, que se encarga de elaborar respostas ante os estímulos detectados, como a entrada dun microorganismo. 

O sistema inmunitario, actuando coas barreiras primarias e secundarias ante os patóxenos. 

Pregunta

Que tratamento é eficaz contra unha infección bacteriana, como a salmonelose?

Respostas

Un antiviral. 

Un antibiótico.

Un corticoide.

Mediante unha vacina.

Pregunta

Que é a resistencia aos antibióticos?

Respostas

A capacidade dos antibióticos de eliminar todas as bacterias do corpo.

A capacidade do corpo humano de defenderse mellor das bacterias.

A capacidade dos antibióticos de curar todas as enfermidades.

A capacidade das bacterias de adaptarse e volverse mais fortes ante os antibióticos.

Pregunta

Que tipo de enfermidades non son transmisibles?

Respostas

As infecciosas causadas por virus ou bacterias.

As enfermidades inmunolóxicas ou crónicas.

As enfermidades virais, como a gripe. 

Ningún tipo de enfermidade é non transmisible. 

Pregunta

Cal destas enfermidades é de orixe autoinmune?

Respostas

A diabete tipo I

A tuberculose.

O escorbuto.

O VIH.

Pregunta

Cal das seguintes opcións define mellor a diferenza entre unha enfermidade infecciosa e unha non infecciosa?

Respostas

As enfermidades infecciosas son causadas por axentes patóxenos, mentres que as non infecciosas non o son

As enfermidades infecciosas poden ser herdadas, mentres que as non infecciosas non o son.

As enfermidades non infecciosas son causadas por virus, mentres que as infecciosas son causadas por bacterias.

As enfermidades infecciosas afectan só aos humanos, mentres que as non infecciosas afectan a todos os seres vivos.

Pregunta

Que científico/a fixo achegas importantes na loita contra as enfermidades infecciosas?

Respostas

Rosalind Franklin.

Marie Curie.

Louis Pasteur.

Galileo Galilei.

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)