Saltar navegación

Taller de ciencia (con solucións)

Estudo de caso

Benvidos e benvidas ao HospiVital,

Ilustración dun grupo de adolescentes analizando estatísticas

Durante esta semana, fostes asignados á Unidade de Prevención de Adiccións, onde investigaredes o impacto das drogas na saúde das persoas e na sociedade.

O voso traballo consistirá en analizar datos reais, interpretar estatísticas e resolver problemas matemáticos que vos axudarán a entender mellor os efectos do consumo de substancias legais e ilegais.

Como futuros cidadáns, é fundamental que saibades manexar cifras, calcular probabilidades e interpretar gráficos para tomar decisións informadas.

Completade as tarefas que vos propoñemos e axudade á Unidade de Prevención de adiccións, formados por un equipo de médicos e psicólogos de HospiVital a previr e reducir os riscos asociados ás adiccións. 

  

A seguinte táboa mostra a porcentaxe de estudantes de 14 a 18 anos en España que afirmaron consumir diferentes substancias algunha vez na vida, segundo datos de 2023:

Substancia Porcentaxe de consumo algunha vez na vida
Alcohol 73,9
Tabaco 38,2
Cannabis 27,5
Hipnosedantes * 6,7
Cocaína 2,2
* Nota: Os hipnosedantes inclúen tranquilizantes e/ou somníferos, con ou sen receita médica. 

Fonte de datos: Observatorio Español de las Drogas y las Adicciones (OEDA).

Encuesta sobre Uso de Drogas en Enseñanzas Secundarias en España (ESTUDES) 2023.

Ministerio de Sanidad.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)