Saltar navegación

O concepto de saúde

A SAÚDE E A ENFERMIDADE

A nosa saúde é moi importante. Estar sans permítenos gozar da vida e facer todo o que nos gusta. Pero, que é realmente a saúde?

A Organización Mundial da Saúde (OMS) di que a saúde non é só non estar enfermo. A saúde é  “un estado completo de benestar físico, mental e social e non só a ausencia de afeccións ou enfermidades”.

Pola contra, cando estamos enfermos, algo no noso corpo ou na nosa mente non funciona ben. Pode ser unha enfermidade leve, como un arrefriado, ou algo máis grave que necesite médicos e coidados especiais.

A saúde ten tres compoñentes:

Saúde física

É o benestar do noso corpo. Inclúe ter enerxía, non sentir dor e que todos os órganos funcionen ben.

Depende tamén das condicións físicas que herdamos, e para coidala, debemos comer ben, facer exercicio e descansar o suficiente entre outras cousas.

Ilustración do concepto de saúde física
Ilustración saúde física
Elaboración propia, coa ferramenta Magic Canva IA (Licencia de Canva)

Saúde mental

É sentirnos ben con nós mesmos e controlar as nosas emocións. Afecta á forma na que sentimos, pensamos e actuamos.

Ter boa saúde mental significa poder afrontar os problemas da vida sen sentirnos superados polo estrés ou a ansiedade.

Ilustración do concepto de saúde mental.
Ilustración saúde mental
Elaboración propia, coa ferramenta Magic Canva IA (Licenza de Canva)

Saúde social

Refírese á nosa capacidade de relacionarnos cos demais e para adaptarnos aos cambios do noso entorno.

Ter amigos, falar coa familia e levarnos ben coas persoas que nos rodean axuda a manter unha boa saúde social.

Ilustración do concepto de saúde social.
Ilustración do concepto de saúde social.
Elaboración propia coa ferramenta Magic Canva IA (Licenza de Canva)

FACTORES QUE INFLÚEN NA SAÚDE

 Moitos factores poden afectar a nosa saúde. Algúns dependen de nós e outros non.

Factor do estilo de vida

Comer ben 

Consumir froitas, verduras, peixe e beber moita auga axuda a manter o corpo forte.

Facer exercicio

Camiñar, correr ou practicar deporte é bo para o corpo e a mente.

Descansar

Durmir ben axuda a ter enerxía e a estar de bo humor.

Evitar malos hábitos

O tabaco, o alcohol e outras substancias poden facer dano ao corpo e á mente.

Factores biolóxicos

A xenética

Herdamos características dos nosos pais que poden influír na nosa saúde.

A idade

A medida que envellecemos, o noso corpo cambia e poden aparecer máis problemas de saúde.

O sistema inmunolóxico

A nosa capacidade de loitar contra enfermidades depende da fortaleza do noso sistema defensivo.

O factor do entorno ou medio ambiente

A calidade do aire e da auga

A contaminación pode afectar á nosa saúde respiratoria e xeral.

O lugar onde vivimos

Ter acceso a espazos verdes e zonas limpas mellora a calidade de vida.

As condicións de traballo

Ambientes laborais seguros e sans reducen os riscos para a saúde.

O factor do Sistema sanitario

Acceso á atención médica

Dispoñer de hospitais, médicos e tratamentos adecuados é clave para previr e tratar enfermidades.

Prevención

A vacinación protexe contra enfermidades perigosas e os controis médicos axudan a detectar problemas a tempo.

Educación sanitaria

Coñecer como coidar a nosa saúde permite tomar mellores decisións sobre o noso benestar.

En resumo, para estar sans debemos coidarnos, manter bos hábitos e pedir axuda cando a necesitemos. A saúde é o noso tesouro máis valioso, e depende de nós coidala.

E ti, que fas para coidar a túa saúde?

-

Lectura facilitada

A SAÚDE E A ENFERMIDADE

A nosa saúde é moi importante. Estar sans permítenos gozar da vida e facer todo o que nos gusta. Pero, que é realmente a saúde?

A Organización Mundial da Saúde (OMS) di que a saúde non é só non estar enfermo. A saúde é  “un estado completo de benestar físico, mental e social e non só a ausencia de afeccións ou enfermidades”.

Pola contra, cando estamos enfermos, algo no noso corpo ou na nosa mente non funciona ben. Pode ser unha enfermidade leve, como un arrefriado, ou algo máis grave que necesite médicos e coidados especiais.

TIPOS DE SAÚDE

A saúde ten tres compoñentes.

Saúde física.

É o benestar do noso corpo. Inclúe ter enerxía, non sentir dor e que todos os órganos funcionen ben.

Depende tamén das condicións físicas que herdamos, e para coidala, debemos comer ben, facer exercicio e descansar o suficiente entre outras cousas.

 Saúde mental.

É sentirnos ben con nós mesmos e controlar as nosas emocións. Afecta á forma na que sentimos, pensamos e actuamos.

Ter boa saúde mental significa poder afrontar os problemas da vida sen sentirnos superados polo estrés ou a ansiedade.

 Saúde social.

Refírese á nosa capacidade de relacionarnos cos demais e para adaptarnos aos cambios do noso entorno.

Ter amigos, falar coa familia e levarnos ben coas persoas que nos rodean axuda a manter unha boa saúde social.

FACTORES QUE INFLÚEN NA SAÚDE

 Moitos factores poden afectar a nosa saúde. Algúns dependen de nós e outros non.

  • Factor do estilo de vida

Comer ben: Consumir froitas, verduras, peixe e beber moita auga axuda a manter o corpo forte.

Facer exercicio: Camiñar, correr ou practicar deporte é bo para o corpo e a mente.

Descansar: Durmir ben axuda a ter enerxía e a estar de bo humor.

Evitar malos hábitos: O tabaco, o alcohol e outras substancias poden facer dano ao corpo e á mente.

  • Factores biolóxicos

A xenética: Herdamos características dos nosos pais que poden influír na nosa saúde.

A idade: A medida que envellecemos, o noso corpo cambia e poden aparecer máis problemas de saúde.

O sistema inmunolóxico: A nosa capacidade de loitar contra enfermidades depende da fortaleza do noso sistema defensivo.

  • O factor do entorno ou medio ambiente

A calidade do aire e da auga: A contaminación pode afectar á nosa saúde respiratoria e xeral.

O lugar onde vivimos: Ter acceso a espazos verdes e zonas limpas mellora a calidade de vida.

As condicións de traballo: Ambientes laborais seguros e sans reducen os riscos para a saúde.

  • O factor do Sistema sanitario

Acceso á atención médica: Dispoñer de hospitais, médicos e tratamentos adecuados é clave para previr e tratar enfermidades.

Vacinas e prevención: A vacinación protexe contra enfermidades perigosas e os controis médicos axudan a detectar problemas a tempo.

Educación sanitaria: Coñecer como coidar a nosa saúde permite tomar mellores decisións sobre o noso benestar.

En resumo, para estar sans debemos coidarnos, manter bos hábitos e pedir axuda cando a necesitemos. A saúde é o noso tesouro máis valioso, e depende de nós coidala!

E ti, que fas para coidar a túa saúde?

Audio

Audio (3min)
Elaboración propia coa ferramenta Narakeet. A saúde, os seus compoñentes e factores que a determinan (CC BY-SA)

Apoio visual

Mapa mental sobre a saúde, os seus compoñentes e os factores que a determinan.
Mapa mental sobre a saúde
Elaboración propia, coa ferramenta de Canva (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)