Saltar navegación

As drogas: o que debes saber

As drogas: o que debes saber

Que son as drogas? Tipos de drogas.

As drogas son substancias  sintéticas ou naturais que actúan sobre o noso sistema nervioso provocando cambios na forma en que funciona o noso corpo e a nosa mente.

Afectan á nosa conduta, estado de ánimo e percepción da realidade.

Algunhas son legais, como o tabaco e o alcohol, e outras son ilegais, como a cocaína ou o cannabis.

Tipos de drogas

Drogas legais

Pódese vendelas e compralas, como o tabaco e o alcohol.

Drogas ilegais

Está prohibido vendelas e consumilas, como a heroína e o éxtase.

Drogas naturais

Proveñen de plantas, como a marihuana.

Drogas de síntese

Fabrícanse en laboratorios, como as pastillas de éxtase. Ás veces non se coñece a súa composición, polo que son moi perigosas.

Lectura facilitada

Definición

As drogas son substancias  sintéticas ou naturais que actúan sobre o noso sistema nervioso provocando cambios na forma en que funciona o noso corpo e a nosa mente.

Afectan á nosa conduta, estado de ánimo e percepción da realidade.

Algunhas son legais, como o tabaco e o alcohol, e outras son ilegais, como a cocaína ou o cannabis.

Tipos de drogas

  • Drogas legais
    Pódese vendelas e compralas, como o tabaco e o alcohol.
  • Drogas ilegais
    Está prohibido vendelas e consumilas, como a heroína e o éxtase.
  • Drogas naturais
    Proveñen de plantas, como a marihuana.
  • Drogas de síntese
    Fabrícanse en laboratorios, como as pastillas de éxtase. Ás veces non se coñece a súa composición, polo que son moi perigosas.

Audio

Que son as drogas? Tipos de drogas
Elaboración propia coa ferramenta Narakeet. Audio (CC BY-SA)

Contexto: a legalidade ou non das drogas

Se as drogas son daniñas, por que hai drogas legais? 

As drogas legais, como o alcohol e o tabaco, permítense porque teñen unha longa historia de consumo na sociedade e xeran ingresos a través de impostos.

Ademais, algúns medicamentos que tamén poden ser considerados drogas están regulados porque teñen usos médicos importantes.

Porén, aínda que sexan legais, iso non significa que sexan seguras.

O tabaco e o alcohol causan moitos problemas de saúde, como enfermidades do corazón, cancro ou accidentes.

Por iso, hai leis que regulan a súa venda e consumo, como a idade mínima para compralas.

Legal ou ilegal? Cales son os criterios? 

Os criterios para decidir se unha droga é legal ou ilegal dependen de varios factores, que varían segundo o país. Algúns dos máis importantes son:

Efectos sobre a saúde. Se unha substancia causa danos graves á saúde, é máis probable que sexa ilegal.

Por exemplo, drogas como a heroína ou o éxtase están prohibidas porque poden ser moi perigosas e causar adicción rapidamente.

Uso medicinal. Algunhas drogas poden ser perigosas, pero teñen usos médicos importantes, como a morfina, que se usa para tratar a dor intensa en hospitais.

Por iso, están reguladas pero non prohibidas.

Historia e cultura. Drogas como o alcohol e o tabaco foron consumidas durante séculos en moitas sociedades, o que fixo máis difícil a súa prohibición total.

En cambio, outras drogas, aínda que tamén foron usadas historicamente, foron prohibidas por decisións políticas ou sociais.

Impacto social e económico . O goberno tamén considera o impacto que tería prohibir ou legalizar unha droga. Por exemplo, o tabaco e o alcohol xeran moitos ingresos en impostos, pero tamén teñen custos para o sistema de saúde.

Posibilidade de abuso e dependencia. Cando unha substancia crea unha gran adicción ou fai que a xente perda o control sobre o seu consumo, as leis tenden a ser máis estritas.

Lectura facilitada

Se as drogas son daniñas, por que hai drogas legais? 


As drogas legais, como o alcohol e o tabaco, permítense porque teñen unha longa historia de consumo na sociedade e xeran ingresos a través de impostos.

Ademais, algúns medicamentos que tamén poden ser considerados drogas están regulados porque teñen usos médicos importantes.

Porén, aínda que sexan legais, iso non significa que sexan seguras.

O tabaco e o alcohol causan moitos problemas de saúde, como enfermidades do corazón, cancro ou accidentes.

Por iso, hai leis que regulan a súa venda e consumo, como a idade mínima para compralas.

Legal ou ilegal? Cales son os criterios? 


Os criterios para decidir se unha droga é legal ou ilegal dependen de varios factores, que varían segundo o país. Algúns dos máis importantes son:

  • Efectos sobre a saúde. Se unha substancia causa danos graves á saúde, é máis probable que sexa ilegal. Por exemplo, drogas como a heroína ou o éxtase están prohibidas porque poden ser moi perigosas e causar adicción rapidamente.
  • Uso medicinal. Algunhas drogas poden ser perigosas, pero teñen usos médicos importantes, como a morfina, que se usa para tratar a dor intensa en hospitais. Por iso, están reguladas pero non prohibidas.
  • Historia e cultura. Drogas como o alcohol e o tabaco foron consumidas durante séculos en moitas sociedades, o que fixo máis difícil a súa prohibición total. En cambio, outras drogas, aínda que tamén foron usadas historicamente, foron prohibidas por decisións políticas ou sociais.
  • Impacto social e económico . O goberno tamén considera o impacto que tería prohibir ou legalizar unha droga. Por exemplo, o tabaco e o alcohol xeran moitos ingresos en impostos, pero tamén teñen custos para o sistema de saúde.
  • Posibilidade de abuso e dependencia. Cando unha substancia crea unha gran adicción ou fai que a xente perda o control sobre o seu consumo, as leis tenden a ser máis estritas.

Algunhas drogas na historia

 Aquí  algúns exemplos de drogas que foron usadas historicamente pero que foron prohibidas por razóns políticas ou sociais:

 Estes casos mostran que a legalidade das drogas non sempre depende só dos seus efectos, senón tamén de factores culturais, políticos e sociais. 

Lectura facilitada

Aquí  algúns exemplos de drogas que foron usadas historicamente pero que foron prohibidas por razóns políticas ou sociais:

O opio en China
Durante séculos, o opio era utilizado en China con fins medicinais e recreativos. Pero no século XIX, debido á crise social provocada polo seu abuso e á Guerra do Opio contra Gran Bretaña, o goberno chinés prohibiuno para tentar frear a súa expansión.


A cocaína
A finais do século XIX e principios do XX, a cocaína era usada en remedios para a dor e mesmo en refrescos como a Coca-Cola. Co tempo, descubriuse o seu alto potencial adictivo e prohibiuse en moitos países.


O cannabis
Durante moitos anos, en distintas culturas utilizouse o cannabis con fins medicinais e recreativos. Porén, no século XX foi prohibido en moitos países, en parte por presións políticas e campañas que o relacionaban con delincuencia e problemas sociais. Actualmente, algúns países están a legalizalo de novo para uso medicinal e recreativo.


O LSD
Nos anos 50 e 60 estudouse o LSD para tratar problemas psicolóxicos, pero debido ao seu vínculo co movemento contracultural da época, os gobernos prohibírono, argumentando que tiña efectos perigosos. 

Os cogomelos alucinóxenos
En moitas culturas indíxenas utilizáronse durante séculos en rituais relixiosos. Porén, os gobernos de moitos países clasificáronos como drogas ilegais, aínda que hoxe en día volven ser estudados para tratar depresión e ansiedade.


 Estes casos mostran que a legalidade das drogas non sempre depende só dos seus efectos, senón tamén de factores culturais, políticos e sociais. 

Audio

Audio
Elaboración propia coa ferramenta Narakeet

Efectos das drogas. Como previr riscos

Efectos das drogas

Lectura facilitada

Que efectos producen no noso corpo?

As drogas poden afectar o corpo e a mente de diferentes maneiras:

  • Poden facer que te sintas relaxado ou con moita enerxía.
  • Poden causar problemas para pensar, lembrar ou tomar boas decisóns.
  • Poden provocar enfermidades ou accidentes graves.
  • Se se consumen moitas veces, poden crear unha dependencia.

 
Trastornos que provocan as drogas

  • Tolerancia: Cando o corpo se acostuma á droga e necesita cada vez máis para sentir o mesmo efecto.
  • Síndrome de abstinencia: Cando unha persoa que consome drogas con frecuencia deixa de facelo e sente malestar, ansiedade ou dor.
  • Abuso: Cando alguén usa drogas sen control e pon en risco a súa saúde.
  • Dependencia: Cando alguén non pode deixar de consumir unha droga porque o seu corpo e a súa mente a necesitan.

Como afectan as drogas aos demais?
As drogas non só afectan a quen as consume, senón también á súa familia e amigos. O consumo pode causar problemas en casa, na escola ou coas amizades. Ademais, alguén baixo os efectos das drogas pode poñer en perigo a outras persoas, por exemplo, conducindo ou sendo agresivo.

Audio

Audio
Elaboración propia coa ferramenta Narakeet

Como previr riscos

É probable que recibas ao longo da túa vida propostas para consumir algún tipo de droga. 
Aquí tes unhas pautas que podes seguir para rexeitar estas invitacións, extraídas do documento informativo do Sergas sobre o cannabis.

Non te deixes manipular, mantente informado/a.

Coñece cales son os efectos reais das drogas e os riscos que entraña o seu consumo, rexeita algúns tópicos e ideas erróneas que existen, fala cos teus compañeiros/as, pais e profesores
sobre estes temas e consulta libros e manuais técnicos para manterte ao día.

Rexeita as presións dos/as compañeiros/as e amigos/as para que consumas.

Aínda que os/as amigos/as son moi importantes para ti, ten en conta que por encima de todo debes ser libre: para elixir o que queres e o que non queres, o que che gusta e o
que non che gusta, o que che convén e o que non che convén, para ser diferente e ter as túas propias ideas, para decidir non consumir substancias que non che conveñen.
Mantente firme nas túas decisións e esixe respecto para elas, do mesmo xeito que ti respectas os teus amigos/as, aínda que non compartas a súa decisión de consumir.

Mellora as túas habilidades para relacionarte con outros mozos/as.

En ocasións, sentirás inseguridade ou certa vergoña á hora de dirixirte a outras persoas, de relacionarte con elas. Pero podes superar os teus problemas para relacionarte con outros mozos/as sen necesidade de recorrer a ningunha droga. Para isto, procura mostrarte tal como es, acostúmate a expresar as túas ideas e sentimentos, trata de iniciar e manter conversas coa xente que coñezas, pensa que cando coincides con xente que non coñeces é normal que sintas certo desconcerto, deixa de sentirte observado/a e dá o primeiro paso.

Mellora a túa autoestima, valórate, acéptate.


A adolescencia e a mocidade son etapas complexas, onde con frecuencia se produce o rexeitamento da nosa imaxe persoal (veraste gordo/a, delgado/a, baixo/a, alto/a, con moito ou pouco peito), da nosa maneira de ser. 
Pode que o que ocorra é que aínda non saibas que es un mozo ou unha moza interesante, que sabes moito máis do que ás veces pensas, que estás preparado/a para superar as dificultades e os retos que se che presenten, e o que é máis importante, que podes conseguir moitas das cousas que te propoñas se tes un pouco de constancia.
Só fai falta que ti o creas, que confíes nas túas posibilidades, que deixes de sentirte un becho raro.

Aprende a tomar decisións.


Es libre para moverte, pensar, tomar as túas decisións, construír a túa propia identidade persoal e elixir o tipo de persoa que queres ser na vida. 
Tomar certas decisións, aínda que non sexan moi importantes aparentemente, provoca tensión nalgunhas persoas. Para facilitar o proceso de toma de decisións
existen algunhas pautas que poden servirche de axuda: facer unha listaxe con todas as posibilidades existentes, listar todas as vantaxes e inconvenientes que supón cada
unha das posibles opcións, valoralas e tomar unha decisión, procurar manterte firme na decisión que tomes, porque nunca imos ser capaces de anticiparnos ao futuro, nin de saber a curto prazo se acertamos ou non.

Aprende a utilizar adecuadamente o tempo libre.


Tes ao teu alcance moitas posibilidades para ocupar de maneira saudable o teu tempo libre, para relacionarte con outros mozos/as, para divertirte, para compartir
intereses e afeccións, esforzos, vivencias e emocións positivas.

¿Por que non te animas a practicar algún deporte, a descubrir o interesante que poden ser outras lecturas que non sexan os libros de texto, a colaborar con algunha organización non gobernamental, a participar nalgún proxecto solidario que estea funcionando no teu barrio, a facerte socio dalgunha asociación xuvenil, cultural ou deportiva, a colaborar con algunha asociación ecoloxista? Estas actividades favorecerán o teu desenvolvemento persoal e social e axudaranche a coñecer e a relacionarte con xente interesante e auténtica coma ti.

Lectura facilitada

Non te deixes manipular, infórmate ben.

Coñece os efectos reais das drogas e os seus riscos.

Moitas ideas que escoitamos sobre as drogas non son certas. É importante falar con amigos, familia e profesores sobre este tema. Tamén podes buscar información en libros e manuais.

Non deixes que os demáis che obriguen a consumir.

Os amigos son importantes, pero ti decides que queres facer. Tes dereito a elixir o que che gusta e o que non, o que é bo para ti e o que non.

Se non queres consumir drogas, dí que non e mantente firme. Do mesmo xeito que ti respectas as decisións dos teus amigos, eles deben respectar as túas.

Mellora as túas relacións cos demáis.

Ás veces, podes sentir vergoña ou inseguridade ao falar con outras persoas.

Pero non necesitas as drogas para mellorar as túas relacións. É mellor ser ti mesmo/a, expresar as túas ideas e sentimentos e animarte a falar con xente nova.

Se te sintes raro/a ao estar con alguén que non coñeces, non te preocupes, é algo normal. O importante é dar o primeiro paso.

Quérete e valórate.

Ser adolescente ou mozo/a pode ser complicado.

Ás veces non nos gusta o noso corpo ou a nosa forma de ser. Pero debes saber que es unha persoa única e valiosa.

Tes moitas habilidades e podes superar os retos que se presenten. Se confías en ti, podes conseguir moitas cousas.

Aprende a tomar boas decisións.

Ti es libre para decidir o que queres facer na vida.

Ás veces, tomar unha decisión pode ser difícil. Para axudarte, podes seguir estes pasos:

  • Fai unha lista coas opcións que tes.
  • Escribe as vantaxes e desvantaxes de cada opción.
  • Pensa cal é a mellor para ti.
  • Toma unha decisión e mantente firme nela.
  • Ninguén pode saber con certeza se unha decisión é a mellor ata despois de tomala. O importante é actuar con responsabilidade.

Aproveita o teu tempo libre de forma saudable.

Existen moitas formas de divertirse e coñecer xente sen recorrer ás drogas.

Podes practicar un deporte, ler libros interesantes, colaborar cunha ONG, participar en proxectos solidarios, formar parte dunha asociación xuvenil, cultural ou deportiva, ou apoiar unha asociación ecoloxista.

Todas estas actividades axudaranche a crecer como persoa e a coñecer xente interesante coma ti.

Audio

Elaboración propia coa ferramenta Narakeet

Feito con eXeLearning (Nova xanela)