Reforzo e consolidación. Cuestións de repaso sobre os axentes patóxenos.
Responde brevemente ás seguintes cuestións.
Actividade 1. Na Unidade de Prevención de Adiccións do HospiVital sabemos que o consumo de alcol entre os adolescentes está normalizado na sociedade. O consumo de alcohol pode ter graves consecuencias para a súa saúde física e mental.
Busca en Internet diferentes vídeos sobre campañas de concienciación sobre o consumo de alcohol en adolescentes, como "Esto no debería ser normal" ou "Alcohol, tú verás lo que te mola"
Investiga por que o consumo de alcohol nesta etapa é especialmente perigoso.
Redacta un texto dunhas 10-15 liñas explicando os riscos que implica o seu consumo durante a adolescencia.
Actividade 2. Recentemente regulouse por lei a venda de bebidas enerxéticas a menores de idade. Busca información e xustifica se estas bebidas se poden considerar ou non unha droga.
Actividade 3. Na unidade de Prevención de Adiccións do HospiVital analízanse os seguintes casos. Identifica en cada un deles o concepto que mellor se relaciona coa situación descrita: tolerancia, dependencia, síndrome de abstinencia ou abuso.
Caso 1: Un mozo que comezou consumindo pequenas doses dunha droga agora necesita cantidades moito maiores para sentir os mesmos efectos.
Caso 2: Unha persoa segue consumindo unha substancia a pesar de que lle causa problemas de saúde e sociais.
Caso 3: Un individuo que deixou de consumir unha droga experimenta tremores, ansiedade e sudoración intensa.
Caso 4: Alguén toma drogas de maneira repetitiva, sen control, e con consecuencias negativas para a súa vida diaria.