Saltar navegación

Reforzo e consolidación 2

Exercicios de reforzo e consolidación

Exercicio 1.  Responde de forma breve, antes de completar a táboa: 

  • Que hábitos saudables xa segues na túa vida diaria? 
  • Que hábitos saudables cres que debes mellorar? Por que?
  • Que consellos lle darías a un amigo ou amiga para que coide mellor a súa saúde? 
  • Despois de reflexionar, elabora unha táboa con accións que podes realizar durante unha semana para mellorar a túa saúde. 

Aquí tes un exemplo:

Táboa con exemplos

Exercicio 2. Inventa un reto de 7 días para mellorar un aspecto da saúde. Por exemplo:

  • Reto do sono: Deitarse sempre á mesma hora durante unha semana.
  • Reto tecnolóxico: Non usar pantallas 1 hora antes de durmir.
  • Reto do movemento: Facer polo menos 10.000 pasos ao día.
  • Reto das emocións: Practicar 5 minutos de respiración cada día.

Para crear o reto, sigue as seguintes pautas:

  • Define o obxectivo do reto.
  • Explica por que é importante.
  • Fai unha lista de accións para completalo.
  • Anota como te sentes cada día do reto.
  • Ao rematar o reto, reflexiona sobre os resultados, respondendo a preguntas como: que hábito foi mais dificil de manter? que cambio che fixo sentir mellor?  que estratexias podes seguir para mellorar a túa rutina?

Exercicio 3. Imaxina que un amigo/a está tendo problemas con algún destes hábitos saudables. Escribe unha pequena carta dándolle consellos para mellorar.

Aquí tes algunhas pautas para axudarche a redactar a túa pequena carta:

  • Usa un ton amable e motivador.
  • Inclúe polo menos tres consellos prácticos.
  • Remata a carta cunha mensaxe de apoio.

Aquí tes dous posibles exemplos para traballar, se queres:

Ilustración dun neno que dorme mal e está moi canso 

Afonso é un rapaz que dorme mal e por iso está moi canso. 

Ilustración dunha nena que se sinte soa e triste

Clara é unha rapaza que se sinte soa e triste.

Exemplo de inicio:

Ola Afonso, sei que ultimamente tes dificultades para durmir ben e sentes moito cansazo. Gustaríame darche algúns consellos que poden axudarche…

Exemplo de inicio:

Ola Clara, sei que ultimamente estás triste e sínteste soa. Gustaríame darche algúns consellos que poden axudarche…

I

Feito con eXeLearning (Nova xanela)