Saltar navegación

VÍDEOS: Regras básicas do Shuttleball ou Volantón

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY

O primeiro vídeo que vos propoñemos é orixinal e está feito con materiais propios e outros atopados en distintos repositorios na rede.

A voz de fondo está en galego e destácanse os aspectos fundamentais do regulamento de Shuttleball ou Volantón.

As regras que atoparedes neste primeiro vídeo son as que empregamos nas nosas sesións de Educación Física para o deporte de Shuttleball ou Volantón e serven como un resumo a todo o visto nesta Unidade.

Ollade o vídeo para axudarvos a lembrar estas regras básicas do Shuttleball ou Volantón.

Carmen García e Xiana Guerra. Deportes na escola. Shuttleball ou Volantón. Regras básicas (CC BY-NC-SA)

O segundo vídeo é unha presentación afondando sobre o regulamento do Shuttleball ou Volantón.

Poderás parar o vídeo se así o precisas, para ler con máis detalle a información.

Carmen García e Xiana Guerra. Shuttleball ou Volantón. Regras básicas (CC BY-NC-SA)

En Internet podedes atopar máis vídeos sobre o Shuttleball ou Volantón.

Centrarémonos neste vídeo que aparece deseguido:

  • O vídeo é de @tejaski. O obxectivo deste vídeo é mostrar os aspectos básicos do Shuttleball ou Volantón, resaltando tamén o seu carácter cooperativo. Tamén fala do xogo con ou sen redes, e as modalidades individuais e dobres.

Podes velo aquí 

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)