MODALIDADES
Estas son as modalidades en Shuttleball ou Volantón. Todas poden ser mixtas.
- Individuais.
- Dobres.
- En grupo (de forma recreativa).
MATERIAL: Dúas redes (tamén se pode xogar sen redes), pas e volante xigante (tamén chamado Jumbo shuttle). Tamén un marcador e un chifro para quen arbitre.
- As redes está colocadas ao longo das liñas que delimitan a "zona neutral" e teñen unha altura de 1,07 metros (como no Tenis).
- As pas son de plástico duro e están feitas dunha soa peza.
- O seu peso é de 255 gramos.
- O mango ten 16 centímetros.
- A superficie de golpeo ten unha estrutura plástica oca (un cadrado plástico, o seguinte oco e así sucesivamente), simulando o encordado dunha raqueta.
- O volante xigante (tamén chamado Jumbo shuttle).
- É máis grande que un volante de bádminton.
- Ten 17 centímetros de longo.
- A cabeza é de cores chamativas e ten o tamaño dunha pelota de tenis (aproximandamente 6,5 centímetros de diámetro).
- O marcador é igual que un marcador de bádminton.
- O chifro é para a persoa que arbitra.