2. Rutina de quecemento para Shuttleball ou Volantón

Carreira continua no quecemento
Carmen García e Xiana Guerra. Carreira continua no quecemento (CC BY-NC-SA). Gif extraído de Departamento Educación Física IES Brión. O quecemento en Educación Física . Canle Youtube. (CC BY

Como xa sabes, é fundamental que realices exercicios de quecemento o máis a miúdo posible e SEMPRE que vaias practicar algún deporte.

Na túa rutina de quecemento, deberás incluír mobilidade articular, exercicios dinámicos e estiramentos.

1.- Quecemento xeral

  • Se queres facer a túa propia rutina de estiramentos para Shuttleball ou Volantón, preme na seguinte imaxe:

Icona webs

  • A modo de exemplos, podes empregar esta rutina de exercicios que atoparás no seguinte vídeo da canle de Youtube do Espazo Abalar.
    • Para ver o vídeo de quecemento, preme na seguinte icona icona vídeo 
  • Se queres ver máis vídeos de quecemento xeral, podes ir á canle de Youtube do Departamento de Educación Física do IES de Brión premendo sobre o logo.
logo canle Educación Física IES de Brión
IES de Brión. Canle Educación Física (CC BY-NC-SA)

2.- Quecemento específico para Shuttleball ou Volantón.

No seguinte vídeo podedes ver distintos exercicios para realizar un quecemento específico para Shuttleball ou Volantón.

Son exercicios progresivos, isto é, non para realizar todos na mesma sesión.

O obxectivo é aprender e practicar as habilidades necesarias para despois xogar ao Shuttleball ou Volantón.

Imos aló!

Carmen García e Xiana Guerra. Deportes na escola. Shuttleball ou Volantón. Quecemento específico (CC BY-NC-SA)