![]() |
|
A cancha onde se xoga a Shuttleball ou volantón é un terreo liso e ten forma rectangular.
Pode ser interior ou exterior.
As medidas oficiais son:
- 15x6 metros para individuais,
- 15x9 metros para dobres.
A cancha divídese en 3 partes iguais:
- Cada parte mide 5 metros.
- A parte central denomínase "zona neutral".
Pódese xogar con ou sen redes.
Nas catro esquinas hai 4 zonas que se denominan "zonas de bonificación":
- son cadrados de 1,5 metros de lado;
- se o volante cae dentro, quen o lanzou gaña 3 puntos.
En cada lado pode pintarse unha liña vertical que divida a zona en dúas partes iguais, e que facilitará a comprobación do saque en diagonal.
Non obstante, se o ximnasio ou a instalación na que ides practicar Shuttleball ou Volantón non ten estas dimensións, asegúrate que se gardan as proporcións, intentando manter o ancho da cancha e respectando a división do longo da cancha en 3 partes iguais.
![]() |
|
Pódese xogar ao Shuttleball ou Volantón nunha cancha de bádminton.
- Respéctanse as medidas da cancha de bádminton.
- Xógase cunha rede, colocada na metade da cancha.
- A rede colócase á altura dun partido de bádminton, é dicir, non menos de 1,52 metros no centro.
- Se queremos que o xogo sexa máis rápido, podemos baixar a altura da rede.