1. Definición de Shuttleball ou Volantón
Beulah Folmsbee. O xogo de Battledore e Shuttlecock (Dominio público)
- O Shuttleball ou Volantón, é un deporte alternativo de raqueta, non-contacto e de cancha dividida.
- Xógase nas modalidades de individuais ou en parellas. En ámbalas dúas, pódese xogar mixto.
- Ten a súa orixe no Battledore and Shuttlecock, no Reino Unido, alá polo século XIX.
- Para xogar empregamos:
- pas duras, feitas dunha soa peza (de plástico), dun peso aproximado de 225 gramos.
- un volante xigante, parecido ao de bádminton, pero de maiores dimensións. Mide 17 centímetros e pesa 50 gramos.
- A súa cabeza é de cores vivas, do tamaño dunha pelota de tenis.
- As plumas ou faldón son sintéticas e están incrustadas na cabeza.
- O espazo de xogo é rectangular e está dividido en 3 zonas iguais de 5 metros.
- Pódese xogar sen rede ou con dúas redes.
- As medidas do campo varían para as modalidades de individuais ou dobres.
- 15x6 metros para individuais.
- 15x9 metros para dobres.
- Nas catro esquinas hai cadrados de bonificación: se o volante cae nelas, conséguense 3 puntos.
- O obxectivo do xogo é golpear o volante cunha pa para que caia no campo contrario.
- As cualidades máis destacadas para xogar a este deporte son sacar, golpear, saltar e desprazarse rapidamente.