Saltar navegación

7. O saque: está prohibido

Non é correcto!
Carmen García, Xiana Guerra.Non é correcto! (CC BY-NC-SA)

Hai determinadas accións no xogo do Shuttleball ou Volantón que está prohibido facer no saque.

Se fas algunha destas accións:

  • o saque non é correcto;
  • o/a xogador/a ou parella contraria anota un punto;
  • EXCEPCIÓN: se as faltas son cometidas no primeiro saque, xa que sempre hai un segundo saque.

Fai esta actividade para saber que está prohibido facer cando realizas un saque en Shuttleball ou Volantón.

  1. Mira as fotografías que aparecen na táboa inferior.

  2. Le o texto que hai debaixo de cada fotografía.

  3. Emprega o dicionario da RAG se hai algunha palabra ou expresión que non entendes.

Imos!

NO SAQUE ESTÁ PROHIBIDO...
Non ter os dous pés no chan ou saltar no saque Golpear o volante por riba da cintura Non sacar dende a zona correcta, segundo a puntuación sexa par (lado dereiro) ou impar (lado esquerdo).
Non ter os dous pés no chan ou saltar no saque. Golpear o volante por riba da cintura. Non sacar dende a zona correcta, segundo a puntuación sexa par (lado dereiro) ou impar (lado esquerdo).
Que o saque non sexa en diagonal. No segundo intento de saque, este non sexa correcto n parellas, se a persoa que saca pasa o volante á parella e non saca directamente á parella contraria.
Que o saque non sexa en diagonal. No segundo intento de saque, este non sexa correcto (por exemplo, que caia na zona neutral). En parellas, se a persoa que saca pasa o volante á parella e non saca directamente cara á parella contraria.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)