
Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY
Este é un traballo en equipo do grupo-clase.
O obxectivo é organizar un torneo por parellas de Shuttleball ou Volantón.
Estes son os pasos a seguir para facer o proxecto:
- Facer parellas mixtas.
- Formar grupos de 3 parellas.
- En cada grupo, a parella que non está xogando, árbitrará o partido e cubrirá a Acta.
- En cada grupo, teñen que xogar cada parella contra as outras dúas.
- Xógase ao mellor de 3 sets. A parella que gañe 2 sets, será a gañadora.
- Cada set rematará cando unha parella chegue a 15 puntos cunha diferenza mínima de 2.
- NOTA: Pódese pactar, antes de comezar un partido, se os sets poden ser a menos puntos. Como mínimo terán que chegar a 8 puntos cunha diferenza mínima de 2.
- NOTA: Pódese pactar, antes de comezar un partido, se os sets poden ser a menos puntos. Como mínimo terán que chegar a 8 puntos cunha diferenza mínima de 2.
- A parella que arbitrou ten que apuntar o resultado final de cada partido e aquelas incidencias que lles parezan relevantes.
- O respecto ao regulamento do xogo (ver a infografía co resumo das regras) é obrigatorio.
- Calquera dúbida durante os partidos, será falada entre os membros do grupo ou ben co/coa profesor/a.
Boa sorte e a xogar!