Carmen García e Xiana Guerra. O saque no Shuttleball ou Volantón (CC BY-NC-SA)
DURACIÓN |
Xógase ao mellor de 3 ou 5 sets.
- Se é ao mellor de 3 sets, o partido remata cando un/ha xogador/a ou parella gaña 2 sets.
- Se é ao mellor de 5 sets, o partido remata cando un/a xogador/a ou parella gaña 3 sets.
|
Un set remata cando se chega a 15 puntos, cunha diferenza de 2.
NOTA: Para acelerar o xogo, pode pactarse ao comezo reducir o número de puntos de cada set.
|
COMEZO DO PARTIDO |
Cun sorteo:
- Entre un/ha xogador/a ou parella por cada lado e en presenza da/o árbitra/o.
- Para escoller os lados da cancha e quen comeza sacando.
- Nos seguintes sets comeza sacando quen gañou o sorteo.
|
O SAQUE
|
- Dende detrás da liña de fondo.
- Cos dous pés no chan.
- Sen saltar.
- En diagonal.
- Dende o lado dereito, con puntuación cero ou par.
- Dende o lado esquerdo, con puntuación impar.
|
- O volante ten que ser golpeado coa pa por debaixo da cintura.
|
- Se no primeiro saque, o volante non pasa ao lado contrario, repítese o saque.
- Se no segundo saque sucede o mesmo, é punto para o/a contrario/a.
|
- Cada dous puntos xogados, o saque é para o/a contrario.
|
GAÑAR PUNTOS
|
Cando o volante cae na zona neutral.
|
Se un/ha xogador/a fai 2 golpes seguidos. |
O volante vai fóra dos límites do campo. |
Se o volante non pasa por riba da rede. |
Se o volante cae na zona de bonificación, quen o lanzou gaña 3 puntos. |