Saltar navegación

8. Máis regras

Non se pode golpear o volante coa man ou co pé
Carmen García e Xiana Guerra. Prohibido golpear o volante coa man ou co pé (CC BY-NC-SA)

Existen máis normas e accións que é necesario que coñezas para xogar ao Shuttleball ou Volantón.

Deste xeito, o xogo será:

  • fluído, sen interrupcións constantes;
  • entretido, desfrutando de cada xogada;
  • sen discusións, polo coñecemento e respecto das normas;
  • educativo, practicando habilidades adquiridas noutros deportes ás peculiaridades do Shuttleball ou Volantón.

Para coñecer en que consiste cada acción e norma, mira os gifs na columna esquerda da seguinte táboa.

Podes ler a descrición de cada gif no texto que está na columna da dereita. 

Imos aló!

DURANTE O XOGO ESTÁ PROHIBIDO...
Golpear o volante cara ao chan
  • Golpear o volante de forma descendente.
Golpear o volante dúas veces
  • Golpear o volante dúas veces seguidas.
Golpear o volante coa man ou co pé
  • Golpear o volante coa man ou co pé.
O volante cae na liña
  • Cando despois de golpear o volante, este cae fóra.
    • NOTA: Considérase fóra se o volante non toca ningunha liña lateral ou de fondo ao caer.
Pasar o volante á parella
  • En parellas, se o volante se pasa á parella e non directamente ao lado contrario.
Tocar a rede coa pa
  • Tocar a rede coa raqueta ou co corpo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)