Esta Unidade é sobre o Shuttleball ou Volantón e as regras básicas de xogo que empregaremos en clase.
Xogar ao Shuttleball ou Volantón mellorará a túa forza, velocidade de reacción e de desprazamento, resistencia, equilibrio e coordinación óculo-manual.
No menú da barra de navegación podes ver as partes nas que está dividida esta Unidade, que inclúe actividades interactivas.
Despois de practicar Shuttleball ou Volantón en clase e facer esta Unidade, será o momento de realizar o Proxecto final, que consistirá na organización dun Torneo de Shuttleball ou Volantón .
Imos aló!