O primeiro vídeo que vos propoñemos é orixinal e está feito con materiais propios e outros atopados en distintos repositorios na rede.
A voz de fondo está en galego e destácanse os aspectos fundamentais do regulamento do Voleibol.
As regras que atoparedes neste primeiro vídeo son as que empregamos nas nosas sesións de Educación Física para o deporte de Voleibol e serven como un resumo a todo o visto nesta Unidade.
Ollade o vídeo para axudarvos a lembrar estas regras básicas do Voleibol.
O segundo vídeo é unha presentación afondando sobre o regulamento do Voleibol.
Poderás parar o vídeo se así o precisas, para ler con máis detalle a información.
En Internet podedes atopar moitos vídeos sobre o Voleibol.
- O primeiro é unha lista de reprodución de Sikana Español. O obxectivo deste vídeo é informar sobre diferentes aspectos do Voleibol (regras básicas, posicións, rotacións, faltas...).
Preme aquí para acceder á lista de reprodución
- A segunda lista de reprodución é de Power Volleyball e mostra as mellores xogadas en distintas posicións e accións durante o xogo (saques, defensa, remates, bloqueos...).. Espectacular, seguro que vos sorprenden!