- O Voleibol é un deporte de cooperación-oposición no que participan dous equipos de 6 xogadoras/es de campo nunha cancha rectangular de 18x9 metros dividida por unha rede de altura variable (2,43 metros para homes e 2,24 metros para mulleres).
- Ten a súa orixe no ano 1895. William G. Morgan, profesor de ximnasia en EE.UU., quería un deporte que combinara aspectos do tenis e o baloncesto.
- No ano 1947 creouse a Federación Internacional de Voleibol (FIVB).
- No ano 1964 inclúese como deporte olímpico nos Xogos de Tokio.
- No ano 1998 defínese a figura do/a líbero.
- O obxectivo do xogo é:
- Poñer o balón en contacto co chan do campo contrario pasando por riba da red, ou
- Facer que o equipo contrario sexa o último en tocar o balón cando vai fóra do terreo de xogo.
- Os partidos xóganse ao mellor de 5 sets, sendo os catro primeiros a 25 puntos e o quinto (se hai empate 2-2 sets) a 15. Sempre hai que gañar por unha diferenza mínima de 2 puntos.
- Para conseguir puntos, cada equipo ten un máximo de 3 contactos co balón, sen que o bloqueo conte como tal. Ademais un/ha xogador/a non pode contactar dúas veces seguidas co balón.
- O xogo comeza co saque, o outro equipo realizará as accións de recepción, colocación e ataque para tratar de poñer o balón en contacto co chan do campo contrario ao que realizou o saque, e así sucesivamente.
- Unha peculiaridade do Voleibol é que cando un equipo gaña un punto tendo sacado o equipo contrario, recupera o saque e teñen que rotar no sentido das agullas do reloxo.
- As cualidades máis destacadas para xogar a este deporte son sacar, recibir, bloquear, colocar e rematar.
No seguinte mapa conceptual aparecen reflectidos os beneficios da práctica do Voleibol.