Como xa sabes, é fundamental que realices exercicios de quecemento o máis a miúdo posible e SEMPRE que vaias practicar algún deporte.
Na túa rutina de quecemento, deberás incluír mobilidade articular, exercicios dinámicos e estiramentos.
1.- Quecemento xeral
- Se queres facer a túa propia rutina de estiramentos para Voleibol, preme na seguinte imaxe.
- A modo de exemplos, podes empregar esta rutina de exercicios que atoparás no seguinte vídeo de @laguiadelentrenadorhn na súa canle de Youtube.
- Se queres ver máis vídeos de quecemento xeral, podes premer no logo da canle de Youtube do Departamento de Educación Física do IES de Brión.
2.- Quecemento específico para Voleibol
No seguinte vídeo podedes ver distintos exercicios para realizar un quecemento específico para Voleibol.
Son exercicios progresivos, isto é, non para realizar todos na mesma sesión.
O obxectivo é aprender e practicar as habilidades necesarias para despois xogar ao Voleibol.
Imos aló!